Sinalan a "grupos anarquistas" como autores do ataque en Betanzos

|

Santiagovillanuevadelegadogoberno

O delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, vinculou a "grupos anarquistas" o ataque con cócteles molotov ocorrido á primeira hora deste mércores nos Xulgados de Betanzos (A Coruña).


En declaracións aos medios en Lugo, Villanueva confirmou que "catro artefactos" do tipo de "cócteles molotov" foron lanzados á primeira hora da mañá ao edificio dos xulgados, producindo "danos menores". "Dos catro que lanzaron estouraron e arderon dous, e dous quedaron sen estourar" detallou.


O delegado do Goberno lembrou que a investigación a leva a Garda Civil, aínda que apuntou que "todo parece indicar, sen descartar ningunha hipótese" que se trata de "grupos anarquistas".


De feito, Villanueva lembrou que xa se produciu outro incidente de "características similares no ano 2011", concretamente no mes de febreiro, cando un artefacto incendiario foi lanzado tamén á xanela do despacho do forense destes xulgados. O ataque foi reivindicado por un grupo anarquista en solidariedade con presos do movemento de Chile e Grecia.


Neste caso, o delegado confirmou que "as liñas de investigación van por ese camiño", aínda que corresponderá aos investigadores da Policía Xudicial e da Científica establecelas, apuntou. "Non hai nada descartado, pero todo parece indicar, segundo os datos que se dispoñen neste momento, que van por ese camiño", insistiu.

relacionada El delegado del Gobierno admite "falta de cobertura" de plazas de policía nacional en Galicia
relacionada ​Investigan las “motivaciones” para el suicidio de un policía orensano

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress