#Claves de la semana

O turismo rural despunta

No mes de xuño medrou un 21%. Un tercio dos usuariosvén de fóra.


|


Turismorural


Os viaxeiros aloxados nos establecementos galegos de turismo rural creceron un 21,3 por cento en xuño con respecto ao mesmo mes do ano anterior. Así o indica a enquisa de Ocupación Turística Extrahoteleira feita pública polo Instituto Nacional de Estatística, segundo a cal 21.293 persoas aloxáronse neste tipo de establecementos durante o sexto mes do ano, a maior parte --14.051-- de procedencia nacional e 7.242 estranxeiros.

Do mesmo xeito, as pernoitas en establecementos rurais creceron un 44 por cento, ata as 36.867, fronte ás 25.594 do ano anterior. A estancia media situouse nos 1,73 días.

Os 538 establecementos rurais galegos tiveron durante o mes de xuño unha ocupación media por prazas do 17,87 por cento --31,33 por cento en fin de semana-- e do 19,58 por cento das súas habitacións.

En canto aos prezos, experimentaron un lixeiro repunte de 0,87 puntos, por baixo do incremento medio nacional de 2,34 puntos.


SOBEN Os APARTAMENTOS

Do mesmo xeito, os apartamentos turísticos galegos experimentaron durante o mes de xuño un aumento do 103 por cento no número de viaxeiros aloxados, que duplicou aos do ano anterior ata os 15.335.

A cifra de pernoitas, pola súa banda, incrementouse un 55,88 por cento, ata as 38.762, das que 29.220 foron realizadas por viaxeiros residentes en España. A estancia media foi de 2,53 días.

BAIXAN CÁMPINGS E ALBERGUES

No outro lado da balanza, os cámpings rexistraron unha diminución no número de usuarios do 2,26 por cento, pasando de 30.344 en xuño de 2015 a 29.657 este ano.

As pernoitas neste tipo de establecementos, con todo, mantivéronse estables e mesmo experimentaron un lixeiro repunte, pasando de 94.748 a 94.837. A estancia media foi de 3,2 días.

Do mesmo xeito, os viaxeiros aloxados nos albergues caeron durante o mes de xuño un 27 por cento, ata os 582, todos eles residentes en España. As pernoitas, lixeiramente por baixo, situáronse en 1.735 e a estancia media foi de 2,98 días.

relacionada Los hoteles rurales cerraron un gran mes de marzo
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE