#Claves de la semana

​Nada cambia entre Rajoy e Rivera

Sobre a investidura, que era o tema prioritario, non hai avance ningún. Si que acordaron empezar a negociar os Orzamentos e un pacto contra a independencia de Catalunya.


|

Rajoyriveramesa


Albert Rivera asegurou tras a súa entrevista con Mariano Rajoy que acordaron empezar a falar dos Orzamentos do próximo ano e explorar a posibilidade de subscribir un pacto constitucionalista contra os referendos e o secesionismo, pero non avanzaron en canto á investidura, na que o partido laranxa mantén a súa negativa para dar o voto a favor ao líder do PP. Desde o partido xa adiantaran esta mañá que nada do que puidese ofrecer Rajoy serviría para cambiar o voto a un 'si'.


En rolda de prensa no Congreso, Rivera asegurou terlle transmitido ao Goberno a disposición de Ciudadanos a empezar a negociar o teito de gasto do próximo ano e os Orzamentos de 2017, que deben presentarse antes do 30 de setembro. Non haberá aínda unha mesa formal de negociación, porque segue sen saberse se Rajoy está en condicións de superar a sesión de investidura, pero o Executivo enviará a documentación ao partido laranxa para empezar a estudalo.


O segundo acordo refírese á proposta de Cidadáns de solemnizar un pacto entre as forzas constitucionalistas para defender a Carta Magna e rexeitar o secesionismo e os referendos de autodeterminación, unha idea que agora o presidente do PP dixo que ve ben e que está disposto a promover, segundo comentou Rivera.


Agora ben, á marxe destas dúas cuestións, na reunión non se alcanzou ningún acordo sobre a investidura, paso previo para levar a cabo todas esas medidas. Rajoy non puxo data e Ciudadanos confirmou que, como máximo, se absterá na segunda votación, o que resulta insuficiente. Ambos coincidiron en reclamar ao PSOE que abandone o non.


relacionada ​Nada de lo que ofrezca Rajoy hará que Ciudadanos se pase al 'sí'
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE