#Claves de la semana

En Marea non está pola coalición "á catalá"

Para os alcaldes, a única fórmula para o encaixe de Podemos na confluencia pasa por unificar os dous procesos de primarias.


|

Xulioferreirosdc


O alcalde da Coruña e un dos portavoces --xunto aos rexedores de Santiago e Ferrol-- da Coordinadora de En Marea, Xulio Ferreiro, convidou a "superar fórmulas que xa se demostraron que non eran as óptimas" como a "coalición de partidos", en relación ao encaixe de Podemos Galicia na candidatura de confluencia logo de que as bases da formación morada votasen a favor da alianza con "as forzas do cambio" para as eleccións galegas.


En declaracións aos medios Ferreiro celebrou que as bases de Podemos "apostasen claramente pola confluencia", pero indicou que a asemblea constituínte do sábado en Vigo establece "unhas regras claras".


Así, para o rexedor coruñés, "non sería boa noticia" que o encaixe de Podemos Galicia na candidatura das mareas "se resolvese cun pacto por arriba no último día", se non coa participación "desde abaixo, con listas en primarias" como "reclaman a maioría dos militantes de Podemos e todo o espazo político".


"Esa é a fórmula. Non me cabe na cabeza que haxa outra fórmula para que todos saiamos contentos que esta", abundou Ferreiro, para o que Galicia ten "a súa realidade propia", en referencia ao modelo polo que avoga a dirección de Podemos Galicia para plasmar a alianza, que pasaría por imitar a fórmula catalá de En Comú Podem.


En relación ao proceso de primarias propias anunciado este mércores pola dirección de Podemos Galicia, sinalou que "non ten moito sentido" que se realicen "dúas primarias en procesos paralelos".


Deste xeito, aposta por concentrar as primarias nun único proceso e que estean "abertas a que se presente todo o mundo" co obxectivo de "formar unha candidatura única". "Outra cousa é traizoar o espírito da confluencia", sentenciou.


NORIEGA VE UNHA "CONTRADICIÓN"


Pola súa banda, outro dos portavoces da Coordinadora de En Marea, o alcalde de Santiago de Compostela, Martiño Noriega, sinalou que existe unha "contradición" entre o establecido pola Asemblea Constituínte do pasado sábado --na que se define a confluencia en forma de partido instrumental-- e o modelo proposto pola dirección de Podemos Galicia, que pasaría por crear unha coalición "á catalá" similar á de En Comú Podem.


Así, apuntou que a pasada fin de semana déronse "moitos pasos" para crear "un espazo de adscrición individual en condicións de igualdade", polo que, segundo o alcalde santiagués, "a dificultade vai estar en conciliar o modelo que se propón".


Noriega afirmou que mantivo unha conversación este mércores coa secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, na que esta lle comunicou o resultado da consulta ás bases da formación, que valorou "moi positivamente", xa que "reflicte" que existe "unha aposta pola unidade popular".


"A consulta de hoxe (este mércores) referenda que hai vontade pola confluencia. Outra cousa é o modelo que se propón", sentenciou, antes de engadir que "o espazo debe ser igualitario" e que "establecer un modelo de confluencia en base a unha negociación e a procesos de primarias paralelos non parece o ideal".


Así as cousas, o tamén coportavoz de Anova deslizou que "o sábado se superou varios modelos", xa que "moitos partidos diluíron as súas estruturas organizativas" porque a nova estratexia da candidatura popular é tratar de crear un modelo "superador do que representou En Marea nas xerais", aínda que lamentou que co rexeitamento de Podemos Galicia a integrarse nun partido instrumental "dificilmente" se vai lograr ese obxectivo.

relacionada Yolanda Díaz dá por feito que Luís Villares vai ser o candidato
relacionada Los críticos de Podemos optan por el camino del medio
relacionada Podemos, a favor da confluencia
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE