#Claves de la semana

Podemos pide máis tempo a En Marea

Echenique está en Galicia para negociar a "alianza". Non hai ningunha vía descartada, nin a coalición, para a que o prazo remata venres.


|

Echeniquepodemos

Echenique está en Galicia para negociar a alianza.


Esta medianoite remataba o prazo extra para que Podemos Galicia presentase unha candidatura ás primarias de En Marea, unha solución que parecía aceptar Carmen Santos sempre que se cumprise a condicións de que se dese traslado aos inscritos no seu censo para o da marea.


Nas últimas horas, o secretario de organización de Podemos, Pablo Echenique, desprazouse a Galicia para intentar o acordo, algún tipo de pacto que permita ás dúas formacións concorrer conxuntamente ao 25S. Fixo pública a viaxe nun chío en Twitter. Polo momento, o prazo para as primarias pechou sen avances e cada formación celebrará as súas


Queda unha última bala. O venres remata o prazo para inscribir coalicións electorais para as autonómicas. É a única fórmula posible a estas alturas de conseguir unha "alianza", tal e como insiste en lle chamar Carmen Santos, postura reforzada despois da consulta interna.



PETICIÓN DE PRÓRROGA


A última hora do mércores, En Marea recibiu unha comunicación da dirección estatal de Podemos solicitando unha prórroga do prazo para seguir estudando a participación dos seus inscritos nas primarias de En Marea.


"Dado que se está barallando a posibilidade de que Podemos Galicia poida presentar candidaturas ás primarias de En Marea, pero aínda non queda claro que isto se poida levar a termo en condicións que non supoñan menoscabo da participación dos inscritos de Podemos, solicitamos formalmente a ampliación do prazo de inscrición para deixar esta posibilidade aberta", reza a comunicación do partido morado.


"VÍA EXTRAORDINARIA"


Fontes da coordinadora provisional de En Marea sinalaron a Europa Press que esa petición chegou "moi tarde" e que non avanzaba ningún paso concreto por parte de Podemos. "Non se pode implementar unha prórroga a cegas, sen saber para que ou se vai servir", indicaron.


En todo caso, precisaron que os contactos entre este órgano e a dirección estatal de Podemos (a responsables de Análise Política, Carolina Bescansa; e o secretario de Organización, Pablo Echenique, están en Galicia) vanse suceder nas próximas horas, polo que non se pode descartar que se abra "un vía extraordinaria".


Esa alternativa poñeríase encima da mesa só no caso de que Podemos "acepte o marco común", é dicir, as premisas da asemblea do día 30 de xullo, e solicite unhas horas para presentar as súas candidaturas a unhas primarias de En Marea.

relacionada ​Echenique media no cisma galego de Podemos
relacionada ​En Marea amplía sus plazos para "facilitar la integración de Podemos"
relacionada ​Ameaza de escisión en Podemos
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE