#Claves de la semana

​Leiceaga: a integración de Podemos “é unha boa noticia para derrotar a Feijóo”

O candidato do PSdeG recoñeceu que a unión “favorece” a Podemos e Marea, pero asegura non terlles medo, e confía en que os socialistas serán “o eixo da alternativa ó PP”


|


Leiceaga 1


O candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, considera que a integración de Podemos Galicia no espazo de En Marea é “unha boa noticia para derrotar a Feijóo” pois evita a “dispersión do voto de esquerdas”.


En declaracións á Radio Galega, Leiceaga dixo que a integración da formación morada en En Marea non lle ocasionou “ninguna sorpresa”. Pese a todo, lamentou que as bases de Podemos e a súa dirección quedasen desautorizadas por “unha intervención dende Madrid”, en referencia á decisión de Pablo Iglesias, expresaba en Twitter. 


Leiceaga opinou que esta “inxerencia en temas galegos é unha negación do espírito de participación das bases e da cidadanía que Podemos promete”.


“NON LLES TEMOS MEDO”


O candidato do PSdeG non ve En Marea coma un rival máis forte ca o PSdeG, de feito recordou que nas últimas eleccións xerais lles gañaron en número de votos e de representantes. Pese a recoñecer que a unión “favorece” a Podemos e Marea, asegura non terlles medo, e confía en que os socialistas serán “o eixo da alternativa ó PP”.


Asegurou ademais que os socialistas centrarán a súa campaña electoral na sanidade, o emprego, a educación e os servizos sociais

relacionada Carmen Santos: "No se puede romper la unidad por la fórmula jurídica"
relacionada ​Rajoy: "Alberto Núñez volverá ser presidente"
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE