#Claves de la semana

Esta tarde coñeceranse as listas de En Marea para o 25S

Os resultados provisionais faranse públicos hoxe, a partir das 19.00h. Abrirase entón un prazo de reclamacións e o sábado 20 de agosto daranse a coñecer as candidaturas definitivas.


|


Primariasenmarea


Ás sete desta tarde daranse a coñecer os resultados das votacións das primarias de En Marea, que deron o pistoletazo de saída o pasado mércores e finalizaron onte, xoves, ás 23:59. En total preséntáronse 25 listas, agrupadas en 16 candidaturas que recollen as distintas sensibilidades de En Marea. 


Contigo Podemos e En Confluencia Podemos son as dúas apostas do partido de Pablo Iglesias. Esquerda Unida concorre coa Marea do Pobo e con Somos Marea. Anova impulsa Unha Marea para un País e Somos Quen, liderada polo alcalde de Manzaneda.


Dende a web de En Marea informan de que ás 9,00 horas deste venres daba comezo o reconto dos votos, e que os resultados provisionais serán públicos a partir das 19,00 do serán. Os resultados definitivos, tras o prazo de reclamacións, faranse públicos este sábado, 20 de agosto.


Os dirixentes madrileños de Podemos iniciaron unha intensa campaña a través de Twitter, na que animaban ós inscritos a votar para “cambiar Galicia”.





Estas primarias servirán para configurar as listas provinciais e para ratificar o xuíz lugués Luís Villares como candidato de En Marea á presidencia da Xunta.


23.000 PERSOAS


No proceso de primarias de En Marea, tras a integración con Podemos, poderían votar potencialmente, ao redor de 23.000 persoas: 14.000 de Podemos e máis de 8.800 de En Marea. O secretario de organización de Podemos, Pablo Echenique, anunciaba hoxe de madrugada que segundo as súas contas, case 5.000 inscritos de Podemos votaran nas primarias de En Marea.



SEGURIDADE NAS VOTACIÓNS


A coordinadora de En Marea defendeu onte que o proceso conta "coas máximas garantías", tras queixas pola posibilidade de votar dúas veces de quen está inscritos en ambas as listas, aínda que o partido asegurou que xa o mércores que existía control sobre eses feitos.

relacionada ​En Marea vota sus candidaturas
relacionada ​Suárez cree que Feijóo teme el triunfo de la izquierda el 25S
relacionada ​Ferraz 'corrige' las listas del PSdeG
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE