#Claves de la semana

​Rajoy volvería ser o candidato, porque é un "cabalo gañador"

Alícia Sánchez-Camacho confía en que os pactos entre PP e C's vaian mais alá da investidura e en evitar as terceiras eleccións.


|

Sanchezcamacho


A presidenta do PP catalán, Alícia Sánchez-Camacho, asegurou este luns que o dirixente popular Mariano Rajoy é un "cabalo gañador" e volvería ser o candidato do partido se hai novas eleccións.


"O cabalo gañador é Mariano Rajoy e se temos terceiras eleccións será el o candidato" porque demostrou o seu liderado e gañou dous comicios consecutivos, destacou en declaracións a Telecinco.


Camacho tamén destacou que o PP e Rajoy farán "todo o posible" para evitar este escenario. A líder popular confía nos pactos entre PP e C's frutifiquen e permitan configurar un goberno "estable e serio", con acordos que non se limiten á investidura.


Para que isto ocorra, sería necesaria a abstención do PSOE: "Espero que Pedro Sánchez non bloquee o goberno que necesita España e os españois".


Preguntada pola comisión de investigación no Congreso sobre o caso Bárcenas que esixe C's, Camacho destacou que o PP e Rajoy están dispostos "a todo" porque non ten nada que esconder, polo que non descarta que o presidente do Goberno en funcións compareza ante a Cámara, aínda que subliñou que se torta dunha decisión persoal.


Tamén respectou a decisión do presidente de C's, Albert Rivera, de non entrar no Goberno, e destacou que o PP estaba "disposto a falar" dun Executivo PP-C's, sen descartar a posibilidade de que o líder da formación laranxa fose vicepresidente.

relacionada ​Sánchez, enrocado en el 'no': "Que le quede claro a Rajoy"
relacionada ​PP y C's retoman la negociación
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE