#Claves de la semana

​Ángela Rodríguez denuncia ter sufrido burlas no Congreso

Os protagonistas da actitude vexatoria foron dous policías, persoal da institución e xornalistas, segundo relata a deputada de En Marea.


|

Angelarodriguezpam

Ángela Rodríguez, no Congreso. //Foto: @Pam_Angela_ twitter


O protocolo anti-intrusas do Congreso dos Deputados semella necesitar unha revisión urxente. Que ocorre se un descoñecido pretende entrar na Cámara Baixa? Se és unha muller nova o máis probable é que se burlen de ti os policías, o persoal da institución e ata os xornalistas que traballan alí.


É o trato vexatorio que denuncia a deputada de En Marea Ángela Rodríguez na súa conta persoal da rede social Facebook, onde conta que un axente lle negou o paso pola "cara de nena": "Que la chica esta dice que es diputada, ja ja ja". Non satisfeito, sumou ao escarnio público ao persoal do Congreso e aos xornalistas que andaban por alí. Un deles mesmo a recoñeceu: "Es de las mareadas, galleguiña".


O trato sería o mesmo se non fose "galleguiña" e non tivese "cara de nena"?


Ese é o comportamento que demostrou a seguridade da institución que representa directamente os cidadáns, nun país que se atopa no nivel 4 sobre 5 en alerta terrorista.


O que segue é o texto publicado pola deputada na súa conta de Facebook:


Entro no Congreso pola porta dos leóns, coma sempre.


Párame un policía e dime que se lle podo amosar a miña acreditación. Dígolle que aínda non as temos, que son deputada, que lle podo amosar o meu DNI. Mírame con cara de desconcerto e dime que como vou ser eu deputada con esa cara de nena e así... así. (aí miroume de arriba a abaixo)


Avisa a outro compañeiro, e dille diante xa dun montón de prensa: "Que la chica esta dice que es diputada, ja ja ja".


Ao outro compañeiro tamén lle fai moita gracia o meu intento de autoridade, e deciden escoltarme os dous ao hall para que poida pedir a miña acreditación, xa que é evidente a todos os efectos que non son deputada. Atopámonos con outro señor, persoal do Congreso, que se suma ás risas e á negativa. Dous periodistas, dos cales non penso dicir o medio, súmanse tamén. Un deles, berrando ben alto con ton burlón di: "Es de las mareadas, galleguiña". Máis risas.


Chegamos ao mostrador os dous policías, armas incluidas, o señor do staff e eu, mentres os periodistas de turno seguían co pitillo, o café e a mofa.


No mostrador está unha señora tamén do persoal do Congreso que sempre dá os bos días cariñosamente e que nestes meses foi sen dúbida o rostro amable da institución.


O meu séquito varonil con máis risas, pídenlle que me faga unha acreditación. A muller sen parpadear e mirando fixamente á nada, di: "Pase ,señora Rodríguez".


We, the people, as intrusas. E mentres tanto: Partido Popular.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE