​Unións Agrarias pide a retirada inmediata de varias ofertas ilegais de leite

|


Frixiafinal

Imaxes enviadas por UUAA como constancia fotográfica


O sindicato Unións Agrarias denuncia varias ofertas de leite da marca Frixia, segundo informan, en supermercados da cadea Eurofruit en Guísamo e Ordes, “a prezos de promoción de 32 céntimos por litro” o cal, denuncian dende a organización, contravén o Protocolo de Banalización aprobado no seo da INLAC para evitar o uso do leite como produto reclamo.


A organización agraria tivo constancia fotográfica das prácticas fraudulentas polo que avisan que “de non retirarse de inmediato a citada promoción vai a presentarse a correspondente denuncia na INLAC” para pór freo a un modelo de actuación que consideran “tóxico” para o sector lácteo.


PROTOCOLO


O Protocolo de Banalización forma parte dos acordos lácteo de setembro de 2015 e de acordos posteriores dentro da interprofesional láctea que teñen como fin mellorar o funcionamento da cadea de valor do leite e evitar a venta de leite a prezos moi por debaixo do considerado prezo sostible, que poñan en perigo os elos máis febles da cadea.


A organización agraria esixe unha vez máis as administracións que “vaian máis alá das grandes declaracións de apoio o sector” e que “fagan o seu traballo de fiscalización destas actitudes comerciais devastadoras para a formación dunha cadea de valor para o leite xusta”.



Advirten dende UUAA que van manter unha actitude “vixiante” nos distintos centros comercias para denunciar publicamente a aqueles que “atentan contra a dignidade dos produtores lácteos de Galicia”.


Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress