#Claves de la semana

O BNG aposta por un Plan Retorna para favorecer a volta da mocidade emigrada

Outros alicerces do programa electoral presentado por Ana Pontón son reducir as listas de espera, duplicar o investimento en I+D+i, a creación dunha banca pública galega, unha nova tarifa eléctrica ou a igualdade entre homes e mulleres


|

Emigracion


O Consello Nacional do BNG aprobou este sábado o seu programa electoral para as eleccións autonómicas do próximo 25 de setembro, no que aposta por un "autogoberno real" para transformar Galicia "sen tutelas nin sucursalismos".


En palabras da portavoz nacional da formación e candidata á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, o programa aprobado este sábado supón "un proxecto de país ambicioso" que ten como obxectivo "aproveitar a riqueza de Galicia", "recuperar a actividade económica e o emprego" e "manter con orgullo" os sinais de identidade desta comunidade.


Tras resumir a grandes liñas os obxectivos principais fixados no programa electoral da formación frontista, Ana Pontón foi enumerando as principais propostas. Así, en primeiro lugar apostou por un modelo de financiamento propio co obxecto de conseguir máis recursos e autonomía.


Así mesmo, defendeu a necesidade de impulsar o sector agrogandeiro, pesqueiro, industrial e tecnolóxico, así como a vontade de exercer "en exclusiva" a planificación e xestión dos servizos públicos.


En cuarto lugar, apostou por fomentar en "todos os ámbitos" os "sinais de identidade" do pobo galego, así como a posta en marcha do Plan Retorna para favorecer a volta a Galicia da mocidade emigrada. Deste xeito, co obxectivo de "retornar o talento", o Bloque pretende financiar a contratación destes mozos.


BANCA PÚBLICA GALEGA


Outro dos alicerces do seu programa electoral son a sanidade e o ensino e, por iso, un dos seus obxectivos é reducir as listas de espera. A isto súmaselle a intención de duplicar o investimento en I+D+i, así como a creación dunha banca pública galega para que o aforro "non emigre".


Acto seguido, a candidata do BNG á Presidencia da Xunta optou por unha nova tarifa eléctrica galega, así como pola igualdade entre homes e mulleres co obxecto de combater a violencia machista.


Outra da propostas bandeira da organización frontista é a normalización da lingua galega, nun momento "ilusionante", subliñou Pontón, no que é preciso "tender a man" para "abrir un tempo novo" en Galicia.


PIDE NON CONFIAR NOUTROS PARTIDOS


Por iso, solicitou aos galegos que non confíen nas forzas que "xa demostraron" que non teñen "perspectivas de futuro" para a comunidade. "Non vai vir de fóra remedio nin esperanza", sentenciou en alusión a PSOE e PP.


Sobre se o seu programa electoral é susceptible a acordos ou alianzas con outros partidos, asegurou que o seu partido "sempre tivo a man tendida" para "mellorar as condicións" de Galicia.


O que si deixou claro é que o Bloque terá a man tendida a condición de que se aposte por un "cambio real" das políticas, e non por un "cambio de butacas". "Cando dependeu do BNG nunca gobernou o PP", lembrou a nacionalista en alusión ao Goberno Bipartito, para logo apostilar que "outros non poden dicir o mesmo".



relacionada ​Rajoy alerta contra un posible "cuadripartito" en Galicia "inestable, radical e extremista"
relacionada ​La mejora económica no puede con la "pobreza y desigualdad" en Galicia
relacionada ​Os galegos emigrados no Reino Unido comparten temores polas consecuencias da saída da UE
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE