#Claves de la semana

​50.000 sinaturas para restaurar os servizos do Meixoeiro

A número 3 da candidatura En Marea pola provincia de Pontevedra, Eva Solla, acompañou aos integrantes de SOS Hospital do Meixoeiro na entrega das sinaturas que recadaron durante 7 meses.


|

Firmasmeixoeiro

O colectivo SOS Hospital do Meixoeiro esta mañá ante o Parlamento


Durante os últimos sete meses os integrantes de SOS Hospital do Meixoeiro levaron a cabo a recollida de 50.000 sinaturas “en defensa do público e buscando un cambio de sistema para ter unha sanidade que poida ser 100 por cento pública e evitar as desviacións aos centros privados desde o Meixoeiro”, destacaron fontes da agrupación a Tercera Información.


Eva Solla, número 3 da candidatura de En Marea pola provincia de Pontevedra acompañou aos integrantes de SOS Hospital do Meixoeiro na entrega das sinaturas en sinal de apoio ás reivindicacións do colectivo. A plataforma pide unha maior actividade e unha reapertura a pleno rendemento do hospital de Puxeiros.


En concreto, son os servizos de Urxencias e UCI, así como o "pleno funcionamento" dos seus quirófanos para reducir as listas de espera as peticións que leva demandando o colectivo desde a apertura do Álvaro Cunqueiro. Denuncian tamén a perda de "servizos fundamentais" e o peche de plantas de hospitalización, mentres "centros hospitalarios privados da contorna crecen día a día".

relacionada ​Hasta 40 pacientes esperando por una cama esta semana en el Cunqueiro
relacionada ​El Meixoeiro cerrará la mitad de sus camas durante el verano
relacionada Os socialistas apostan por rescatar o Cunqueiro na visita “sorpresa” de Leiceaga a Vigo
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE