#Claves de la semana

​Leiceaga, á espera de “menos ruído” en política nacional para “centrarse na axenda de Galicia”

Con respecto ás polémicas internas no PSdeG polos cambios nas listas, Leiceaga aludiu facer declaracións e dixo estar centrado en "derrotar a Feijóo" e construír "unha alternativa de progreso".


|

Leiceaga2


Leiceaga expresou este martes o seu desexo de que a política nacional entre "nunha etapa de menos ruído" para que os esforzos dos partidos se centren en "desenvolver unha axenda propia de Galicia" durante a campaña das autonómicas.


Así o expresou nun acto sobre política industrial, antes de manter unha reunión con dirección e empregados do estaleiro vigués Vulcano. A ese respecto, afirmou que "os problemas de Galicia son de tal envergadura que merecen unha discusión profunda entre os partidos". "Os cidadáns merecen que discutamos dos seus problemas, agora toca campaña galega, toca discutir dos problemas de Galicia", apostilou.


O candidato socialista proclamou que a súa formación ten "unha proposta firme" para "reverter as políticas de recortes e o fracaso da política industrial" da actual Xunta. "Iso ben merece que lle dediquemos o próximo mes", sentenciou.


CRISE INTERNA


Con respecto ás polémicas internas, e ao malestar que o alcalde Abel Caballero trasladou ao Comité Federal polos cambios na candidatura de Pontevedra, Fernández Leiceaga limitouse a sinalar que os socialistas teñen por diante "unha tarefa de enorme transcendencia", que é "derrotar a Feijóo e construír unha alternativa de progreso e modernización". "A iso dedicarei todas as miñas forzas e desvelos, iso é o que me preocupa", subliñou.


VISITA DE PEDRO SÁNCHEZ


O secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, acudirá o sábado á localidade coruñesa de Oroso para participar na décima edición da Festa dos Socialistas de Galicia.


Acompañará ao candidato do PSdeG a Leiceaga, nun acto, que se celebrará cinco días antes do arranque da campaña, terá lugar a partir das 13,00 horas na área recreativa da Penateixa, en Sigüeiro.



relacionada ​El PSOE vigués lamenta la escasa comunicación de campaña de Leiceaga
relacionada ​Caballero, "decepcionado" con el PSOE por avalar los cambios
relacionada ​Crise no PSdeG polos cambios nas listas
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE