#Claves de la semana

UU.AA. pide que os cazadores inicien as batidas para "salvar o millo" dos xarabís

Para Unións Agrarias o "inmediato" inicio das batidas é "fundamental" para protexer o cultivo do millo forraxeiro, do que Galicia é a principal produtora de España, e do que depende a viabilidade económica das ganderías de leite e carne


|


Jabal


Unións Agrarias (UU.AA.) instou aos cazadores e á Consellería de Medio Ambiente a que se coordinen para o "inmediato" inicio da caza do xabaril que permita "salvar o millo" cultivado nos campos galegos.


Segundo lembrou o sindicato, a orde anual da Consellería que determina as épocas hábiles de caza para 2016-2017 sinala que poderán cazarse os xoves, sábados, domingos e festivos desde o 27 de agosto de 2016 ata o 15 de xaneiro de 2017 nas modalidades de batida, montaría e espera.

Para Unións Agrarias o "inmediato" inicio das batidas é "fundamental" para protexer o cultivo do millo forraxeiro, do que Galicia é a principal produtora de España, con máis de 65.000 hectáreas cultivadas, e do que depende a viabilidade económica das ganderías de leite e carne, que atravesan "un período crítico pola caída dos prezos".


DANOS CUANTIOSOS 


Así mesmo, criticou que a sementeira de millo estivese "practicamente indefensa" xa que, segundo indicou, durante os meses de veda de maio a xullo os servizos provinciais "escudáronse" nunha interpretación de mínimos do protocolo de actuación pactado para o control de danos e "apenas concederon esperas e batidas ante a aparición de danos de mandas de xabarís sobre os campos recentemente cultivados nas zonas produtoras de Galicia".

Por todo iso, UU.AA. insistiu na necesidade de "controlar as poboacións de xabaril" durante a tempada de caza e "esixir de cada Tecor a asignación e cumprimento dunha cota real de animais que estabilice as mandas de xabaríns nas súas zonas de responsabilidade", complementadas con intervencións decididas de control de danos durante a época de veda, que coincide cos períodos máis sensibles dos principais cultivos agrarios de Galicia, como o millo forrajero.

Ademais, o sindicato considera que o goberno que saia das urnas galegas o próximo 25 de setembro "deberá afrontar cambios legais na Lei de Caza de Galicia" e facer as reformas "necesarias que permitan a convivencia do xabaril cos cultivos" e a "definitiva" posta en marcha do Fondo de Corresponsabilidade para o pago de danos ou eliminación de vedados de caza maior.


Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE