O paro é o principal problema para un 61,5% dos galegos

|

Empleogalicia


O 61,5 por cento dos galegos considera o paro o principal problema da Comunidade, mentres que o 10,3% considérao o segundo problema en importancia. A sanidade é o problema máis grave en importancia para o 5,6% e o segundo en opinión do 11,7 por cento.


Para o 2,6% dos enquisados, o principal reto que perciben en Galicia son os problemas económicos, mentres que o 2,4% pensa que os políticos e a política en xeral é o tema máis preocupante. 


Así se desprende da enquisa difundida polo Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) este xoves, a unhas horas de que arrinque a campaña electoral.


O 31,3 por cento dos enquisados cre que o PP é o partido que mellor pode resolver os problemas de Galicia, seguido de lonxe En Marea, que obtén a confianza do 12 por cento. O PSdeG obtén o respaldo do 8,2 por cento e o BNG, do 3,3 por cento, mentres que o 22,4 por cento considera que ningún.


ORGANIZACIÓN DO ESTADO


O 35,4 por cento dos enquisados aposta por un Estado con comunidades como o que existe na actualidade, mentres que a segunda fórmula preferida polos galegos é un Estado no que as comunidades teñan maior autonomía que agora.


Un Estado sen autonomías é a fórmula que querería o 12,3 por cento e un pouco máis, o 12,4 por cento, que tivesen menor autonomía que na actualidade. O 9,3 por cento aposta por un Estado no que se recoñeza ás comunidades a posibilidade de converterse en estados independentes.


Ademais, o 68,2 por cento sente tan español como galego, mentres que o 16,3 por cento considérase máis galego que español, fronte ao 4 por cento que se declara ao contrario. Unicamente español di sentirse o 5,6 por cento e unicamente galego, o 4,6 por cento dos enquisados.


O 44,7 POR CENTO, GALEGO COMO LINGUA MATERNA


O 18,5 por cento declárase de esquerdas, o 22,1 por cento, de centro, e o 10,8 por cento, de dereitas. O 7,4 por cento declárase no punto máximo de nacionalismo e o 24,5 por cento, nun punto intermedio.


Dos enquisados, o 30,7 por cento asegura que a súa lingua materna é o castelán e o 44,7 por cento, o galego. O 23,6 por cento declarou que ten a ambos os idiomas como maternos en igualdade. En todo caso, o 97,6 por cento entende o galego e o 84,4 di que o fala con fluidez.



relacionada A enquisa do CIS dálle unha nova maioría ao PPdeG
relacionada ​La Xunta celebra los datos de empleo que los sindicatos ven "maquillados"
relacionada ​El paro amenaza con volverse crónico

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress