#Claves de la semana

Piden á Valedora do Pobo que dea conta da derivación de doentes a centros privados

A Coordinadora en defensa da sanidade pública da Coruña pide que se medie na obtención de información relativa ás listas non estruturais e fondos destinados a centros privados dos que o Sergas non dá conta. 


|

Quirofanooperacion2


A Coordinadora en defensa da sanidade pública da Coruña vén de dirixirse á Valedora do Pobo a través dun escrito para pedir a súa mediación na obtención de información relativa ás listas de espera non estruturais e dos informes económicos do Sergas que avalen a decisión de derivar pacientes a centros privados, despois de que a contestación por parte da Xunta á mesma petición fose “nula”, afirma José Miguel Rodríguez, un dos membros da coordinadora.


A organización presentara hai dous meses unha petición de información sobre as listas de espera que a Xunta non publica – as non estruturais (pacientes que se negan ir a un centro privado ou non teñen cita confirmada)-, ademais dos informes económicos que avalaran a decisión de derivar pacientes a centros privados por parte do organismo público.


A Xunta inadmitíu a petición a trámite alegando que a información solicitada ao respecto das listas de espera non estruturais estaba publicada na páxina do Sergas, o que dende a Coordinadora din “é falso”, pois non se inclúen as famosas “listas non estruturais”. A respecto do informe económico, a Xunta alega que tal información é de carácter privado, pois consta no “historial do paciente”. Dende a Coordinadora alegan que non están a pedir información sobre os pacientes senon dos custos dos procesos nos centros concertados en relación aos mesmos en centros públicos.


Tras as negativas da Xunta, a Coordinadora decidíu ampararse na valedora do Pobo para saber “se se están defendendo os nosos intereses e se esta facendo un uso adecuado do patrimonio público”. De momento a petición foi admitida a trámite e mantéñense á espera de que o escrito sexa valorado e contestado.


Dende o colectivo de defensa da sanidade tamén afirman que “se están a derivar de xeito urxente a pacientes que teñen operacións de cataratas para o Grupo Hospitalario Quirón, así coma dende o CHUAC ao Hospital San Rafael"


O voceiro da coordinadora reclama en nome da organización que se explique por que “se temos plantas e profesionais” non se empregan e achacan “a planificación inadecuada dos recursos” coma a principal causa da derivación de pacientes. 


relacionada Denuncian a carencia de persoal na nova unidade de ICTUS do CHUAC
relacionada Unha epidemia bacteriolóxica por "limpeza inadecuada" no HAC deixa 100 pacientes illados
relacionada ​Denuncian al Sergas por la mala calidad de las agujas de la insulina
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE