Paternidade electoral

Manuel Fernando González Iglesias

Feijoo rajoy paternidad


Din os seus achegados que o candidato Alberto Núñez Feijoo é un pai feliz e que o saber que en febreiro vai poder perpetuar o seu apelido, deulle moita moral para esta campaña electoral na que o todo ou a nada é a realidade pura e dura para o candidato do Partido Popular.


Ser pai aos 55 anos é un pouco xogar ao límite, case como a aparición do Arcanxo á Virxe da Barca, pero se vai todo ben, para a nai e para a criatura, algo que todos desexamos, aos protagonistas daralles igual. O premio, ben merece o risco.


De momento algúns medios de Madrid xa comezan a discutir os datos do CIS, que cualifican como imprecisos e sobre todo, moi maquillados en favor do PSOE en detrimento, esta vez, das Mareas e Podemos. Ciudadanos, nin sequera ten que preocuparse pola pulcritude técnica, xa que o seu escano sairá da Coruña, ou non sairá, mentres que O Bloque continuará varado na súa Terra Chá.


E a maioría absoluta? Pois ben, grazas. Os que discuten ao CIS din que non está segura, e os que llo cren cos ollos pechados, pois sí, confían plenamente na volta de Núñez Feijoo á Presidencia da Xunta e desde alí vaia Vd. a saber onde!


Como aínda queda moita campaña e os galegos temos fama de pensar unha cousa e dicir outra para despistar, pois poden pasar moitas cousas e todas democraticamente boas, tanto nunha dirección como na contraria.


Xa verán Vds., queridos lectores, como cando acabe a campaña e esteamos na noite electoral como a maioría dos meus colegas dirán que eles xa o advertían, aínda que non acertasen nin unha.


Os de Galicia Press, como bos descendentes de varias xeracións de venerables petrucios, nos encollemos de ombreiros ante os prognósticos porque nos interesa que a xente vote en paz, sen meigas feiticeiras que mediaticen o parecer da xente que debe votar, perdóenme a expresión, o que lles pete.


Só nos quedará desta campaña do 2016 un mal recordo: o accidente ferroviario do Porriño. Unha mancha máis, das moitas que o sistema ferroviario galego nos deixou ao longo da súa centenaria historia.


Xa toca acabar con tanta desgraza anunciada e ter uns transportes do século XXI, que é o que se merece a Galicia, que o próximo día 25 volve ilusionada ás urnas. Por certo, ese día tamén serve para dicir Xa abonda!

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Más opinión
Opinadores

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE