#Claves de la semana

​Os candidatos á Xunta lanzan as súas primeiras mensaxes

Feijóo, Leiceaga, Villares, Pontón e Losada tiveron sesenta segundos para resumir as súas candidaturas. 


|

CRTVGdebate


Os cinco candidatos que participan no debate da CRTVG para as eleccións do 25S lanzaron as súas primeiras mensaxes de presentación. No seu primeiro minuto, a aspirante do BNG á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, introduciu unha alusión a unhas fotografías, que datan dos anos 90, nos que aparece nun barco o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, co entón contrabandista, Marcial Dourado


A continuación facemos un resumo dese primeiro minuto dos candidatos ao 25S:


Feijóo (PPdeG) comezou saudando ás familias dos falecidos no Porriño, e dixo que comprende a “fartura” das eleccións. Ademais, postulouse para liderar “un goberno para gobernar inmediatamente" fronte á fragmentación da oposición. 


Leiceaga (PSdeG) pola súa parte destacou que "os mozos teñen que facer as maletas xa que as condicións de traballo foron a peor" e afirmou que “precisamos unha resposta nova” e que os galegos “non merecemos catro anos máis de privatizacións e recortes”.


Pontón (BNG) afirmou que bastaría con "amosar unha fotografía de Feijóo co narcotraficante Marcial Dorado". Porén, dixo, “os protagonistas do debate son as persoas que nos escoitan”. Falou de “xente que tivo que coller as maletas ou que padecen a lacra da violencia machista”.


Luis Villares (En Marea) dixo “crer na xente” a xente dun país "digno". Falou de que “os políticos non estiveron á altura, e como xuíz viu como se enchufaban amigos, se amañaban contratos e se denegaban servizos”.


Pola súa parte, Losada (Ciudadanos), en galego primeiro, e logo xa en castelán, explicou que exerceu de xornalista e escritora e vén da sociedade civil polo cal entende "a situación e necesidades da clase media e traballadora".  



Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE