​O mellor debate

Manuel Fernando González Iglesias

Debatevasco2


Facía moito tempo que os votantes non recibían un sopro de aire fresco "dos seus políticos", tan encerrados durante todo estes anos no hábitat de tozudez e ineficacia que edificaron para a súa vaidade persoal. Pero, como di o refrán, como "non hai mal que cen anos dure", entrou por sorpresa nas súas tristes vidas, a entrega televisiva do debate que protagonizaron o xoves pola noite os candidatos ao goberno vasco.


Un debate que queremos cualificar como de nivel alto/excelso no que alcanzou o seu clímax cando a candidata de Podemos Pilar Zabala lle preguntou a un Alfonso Alonso, cabeza electoral do PP, ata entón crecido e brillante, é que seica Vd. non me considera a min unha vítima? Pregunta que ten a súa lóxica, se estás a falar de terrorismo, do proceso de paz e de reinserción e sobre todo, se a que a fala é irmá de Joxi Zabala, asasinado xunto a Lasa, despois de ser secuestrado por dous gardas civís. 


O seguinte paso é unha resposta dubitativa e difícil de quen non sabe como saír da lea no que está metido: "Sabe que con arranxo á lei -contesta Alonso- tal e como está redactada non, do terrorismo non", puntualizando a continuación, "pero vostede é vítima de..de.., si, claro, de... de.. un exceso, dun abuso....... dunha actuación de funcionarios do Estado absolutamente execrable".


E tras ese dramático diálogo, silencio..., con mirada intensa entre ambos que, os que seguían o debate pola ETB chegaron a pensar que o que pasaba é que se paralizou o sinal, e que a Zabala e Alonso pareceulles eterno.




Nós, tras velo varias veces, pareceunos que a ferida non se pechou e que aínda existe en Euskadi e en toda España un inmenso baleiro que hai que encher de perdón, comprensión e respecto, tras tantos asasinatos e mortes inútiles.


Aí, nese "minuto de ouro" que o moderador do debate non quixo interromper sabiamente, a candidata de Elkarrekin Podemos levou á audiencia por goleada a pesar de ser novata nas lides electorais.


Ao final, por resumir, todos puideron expoñer clara e contundentemente todas as súas ideas sobre Euskadi, sen que, ao facelo, rompesen pontes para o diálogo post electoral, que terá que habelo necesariamente para poder formar goberno. E iso, vendo o panorama político español é unha "lección impagable de democracia" e, sobre todo, un exemplo moi meritorio de como hai que entender a política.


A ver se os seus colegas doutras latitudes e parlamentos aprenden a lección que puidemos ver no mellor debate dos últimos anos.



Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Más opinión
Opinadores

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE