#Claves de la semana

Villares: "Imos abolir a prohibición de impartir matemáticas en galego"

Estivo acompañado de Yolanda Díaz nun acto en Viveiro no que tamén censurou a ausencia de Feijóo no segundo debate electoral. 


|

Villaresviveiro


O candidato de En Marea á Presidencia da Xunta, Luís Villares, reclamou o voto na localidade lucense de Viveiro para acabar con "os que gobernan para os traficantes de miseria", á vez que mostrado o seu compromiso de loitar polos "sectores produtivos" do país.


Nun venres en que o cabeza de cartel do partido instrumental visitou varios puntos da Mariña lucense, Villares reiterou, como xa avanzou o mércores, que esixirá a un Goberno central "secuestrado" polos "cárteles da electricidade" a reactivación da poxa eléctrica para garante o traballo nas plantas galegas de Alcoa.


Nun acto público celebrado este venres no Teatro Pastor Díaz de Viveiro (Lugo) ante un centenar de persoas, Villares foi arroupado pola deputada nacional de En Marea, Yolanda Díaz, quen reclamou "un esforzo" na recta final da campaña para acabar co discurso de que Galicia é "unha illa" onde o PP "sempre gana".


Este venres arrincou para Luís Villares cun debate nunha emisora de radio no que non participou o candidato do PPdeG á reelección, Alberto Núñez Feijóo, que foi substituido polo número cinco pola Coruña, Pedro Puy.


Así, lembrou que dedicou a súa última intervención para cuestionar ao "candidato ausente" as razóns da súa non presenza. "Despois do silencio dos cordeiros, vén o silencio dos peperos", ironizou.


"LEI DO SILENCIO"


Para Villares, o candidato popular quere estender á política a "lei do silencio" que xa impuxo "nos medios públicos". "Pero pouco máis lle vai a durar o conto", augurou, para engadir que En Marea non renega de "quen" son ao contrario que "algúns que teñen moita intención de esconderse" ocultando as súas siglas.


Así mesmo, o maxistrado en excedencia sumou un novo caso de corrupción ao "diario de campaña" coa imputación do expresidente da Deputación de Valencia, Alfonso Rus, á vez que lembrou que Feijóo, como membro da executiva nacional dos populares, xa ten "un novo imputado no partido 'corrupto'" con "dous pés", remarcou.


"Unha das primeira cousas que faremos na Xunta será levantar a prohibición de impartir as matemáticas en galego", prometeu. 


Así, prometeu "completar" infraestruturas como a A-8 para que chegue "ata Viveiro", así como reformar o sistema ferroviario para evitar que o "tráfico pesado" continúe deteriorando as vías e apoiar "a todo o sector industrial" da zona a través dun "banco de parcela industrial".


YOLANDA DÍAZ


Para a deputada no Congreso de En Marea Yolanda Díaz "queda moito tempo, queda moito partido por xogar" para acabar con "a corrupción" como "forma de goberno" personificada, para ela, nun PP ao que "non lle importa a rexeneración democrática". "O único que queren é que non lles afecte no resultado electoral", resolveu.


Díaz chamou a "poñer patas para arriba" Galicia para reclamar "teito, traballo e pan" e tamén "rosas" para as mulleres, unha misión para a que teñen "a Luís e aos mellores homes e mulleres".


Por último, a tamén coordinadora de Esquerda Unida rescatou unha cita do poeta monfortino Lois Pereiro para preguntarse "de que lado estamos". "Estamos ao lado da xente do común", remarcou.


relacionada Villares: "Trátanse mellor os delitos de luva branca ca os cometidos polo común dos mortais"
relacionada Acusacións cruzadas entre os candidatos no debate da CRTVG
relacionada Feijóo, o gran ausente no segundo debate electoral
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE