#Claves de la semana

​Girauta acusa ao PP de practicar un "nacionalismo de baixo perfil" en Galicia

Tacha de "incorrecto" que a administración conteste en galego a un escrito en castelán. 

 

|

Girauta


O portavoz de Ciudadanos (C's) no Congreso, Juan Carlos Girauta, acusou ao PP de Galicia de practicar un "nacionalismo de baixo perfil" ao contestar na lingua autóctona a un escrito mandado á Administración en castelán. "É incorrecto", asegura.


Así respondeu este xoves aos xornalistas nun acto na Praza de Lugo, na Coruña, despois de cuestionar un día antes "se o PP se volveu nacionalista en Galicia" por contestar en galego a un escrito.


Girauta aclarou o devandito o día anterior asegurando que "contestar os cidadáns só nunha lingua cando che preguntan en dúas linguas é nacionalismo de baixo perfil".


"Iso quere dicir que o PP en Galicia é nacionalista? Por suposto que non. Quero dicir que o Partido Popular en Galicia fai nacionalismo de baixo perfil", puntualiza antes de asegurar que se trata dunha estratexia dos populares para "captar voto de todos os sitios".


"En Galicia hai dúas linguas oficiais, cando o cidadán utiliza unha a Administración debe de contestar nesa que o cidadán elixe, e se non o fai está a practicar un nacionalismo de baixo perfil", defendeu o portavoz de Ciudadanos

.

REXEITA PARTICIPAR NUN "TOTUM REVOLUTUM"


Girauta trasladou a súa convicción en que Ciudadanos vai irromper no Parlamento de Galicia, e asegurou que a formación laranxa non fará un "totum revolutum" para desprazar ao PP. "Exporemos certas cuestións metodolóxicas para a pulcritude da xestión pública", afirma.


Desta forma, asegura, "corrixiranse certas cousas" e, entre estas cuestións, referiuse ao caso do presidente da Deputación de Ourense: "Eu creo que os galegos non se merecen ter a un presidente de Deputación como o señor Baltar".


"Iso é o tipo de cousas que se acabarán no mesmo instante que o señor Feijóo necesite o noso apoio para formar goberno", rematou. "Se Ciudadanos consegue ser decisivo, Feijóo non só vai ter que adoptar políticas de rexeneración, tamén políticas de tipo social", engade.


Respecto dos pactos a nivel nacional, Girauta defendeu que a formación laranxa non alimentará a idea de formar un "goberno Frankenstein". Así mesmo, pediu ao líder socialista Pedro Sánchez que "consulte cos seus baróns" antes de lanzar propostas e presente unha "mensaxe clara" do que quere.



relacionada Ciudadanos expedienta al número 4 de A Coruña por no renunciar a la candidatura
relacionada ​Girauta descarta "con total rotundidade" que C's pacte con En Marea
relacionada ​Feijóo avisa que "no renunciará" a la educación trilingüe
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE