#Claves de la semana

​Villares vaticina que a "soberbia" de Feijóo o apartará da maioría

O candidato de En Marea convidou ao 'popular' a "coller o tren a Madrid" que pasa "o vindeiro domingo".


|

Villarespechecampaa

Peche de campaña en Santiago. //Foto: @En_Marea twitter


O candidato de En Marea á Presidencia da Xunta, Luís Villares, pechou a campaña electoral enumerando os "sete pecados capitais do PP", nos que Feijóo representa "a soberbia de non escoitar ao pobo que sufría".

En Marea puxo o broche este venres á campaña electoral cun acto público na compostelá Praza de Praterías, nun mitin no que ao redor de 3.000 persoas acabaron coreando "presidente, presidente" a un Villares que convidou a Feijóo, a "coller o tren a Madrid" que pasa "o vindeiro domingo".

O cabeza de cartel do partido instrumental tirou de ironía durante a súa intervención enumerando os "sete pecados capitais do PP": a "luxuria" de Baltar, a "envexa" de "os bolsos de Rita Barberá", a "ira" de "as guerras de Aznar", a "preguiza" do "plasma de Rajoy", a "avaricia" de Bárcenas e a "gula" de Marcial Dorado, "insaciable de neve".

Para Feijóo reservou o sétimo, a "soberbia" de "non escoitar ao pobo que sufría". Villares recuperou o refrán do himno da revolución dos caraveis portuguesa para lembrar ao presidente galego que "o pobo é quen máis ordena". "Nada por encima do pobo de Galicia. Nin agora, nin nunca!", exclamou.

relacionada ​PERFIL | Villares, o xuíz que colga a toga para cambiar leis inxustas
relacionada Villares 'empaquétalle' o "suplemento" do Código Penal ao programa do PPdeG
relacionada Villares: "Que problema hai en poñerse de acordo?"
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE