​Os candidatos dan exemplo para animar á participación

|

Candidatosvotan


As papeletas dos principais candidatos á presidencia da Xunta están xa dentro da urna que lle corresponde a cada un. A máis madrugadora foi Ana Pontón, que depositou o seu voto no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) de Santiago, sobre as 10 e media da mañá.

A candidata do BNG animou "a todos os galegos e galegas a que hoxe acudan a votar" porque considera que "cada voto vai ser decisivo". E manifestou que "é moito o que nos xogamos", por iso instou a "que voten pensando que é importante o que imos decidir, porque imos decidir qué Galiza queremos, qué camiño queremos elixir".


Ás 11 votou en Vigo a candidata de Ciudadanos, Cristina Losada, que instou á cidadanía a facer o propio para que "as cousas que non funcionan poidan cambiar a partir de mañá en Galicia" e para ter unha democracia "con máis esixencia".

No colexio electoral do Concello de Vigo pediu "non quedar na casa" e dixou confiar nunha "gran participación" e en que os galegos "reflexionen" e vexan "cales son as mellores propostas e os mellores representantes posibles".

Pola súa parte, Xoaquín Fernández Leiceaga exerceu o seu dereito ao voto no Reitorado da Universidade de Santiago. O candidato do PSdeG mostrouse "optimista", agardando "unha elevada participación". "Ao abrir as urnas, coñeceremos o que decidiron os cidadáns e hai que aceptar o resultado, sexa cal sexa", finalizou.

Luís Villares acudiu á Casa das Linguas, en Lugo, tamén ás 11 da mañá. O candidato de En Marea agradeceu "a todas as persoas que confiades en que un pequeno xesto pode mudalo todo". "As páxinas da nosa historia témolas que escribir nós, por iso non sería bo que ninguén quedase na casa. Todo o mundo ten o dereito e o deber de escribir a súa propia historia", sentenciou.


O último en exercer o seu dereito ao voto foi Alberto Núñez Feijóo no Colexio Neno Xesús de Praga de Vigo, e insistiu no chamamento unánime á participación, incluso a quen está "traballando na vendima", pois "toca decidir a Galicia que queremos para os anos 2017, 2018, 2019 e 2020".

O candidato do PPdeG animou a que os galegos decidan o sentido do seu voto para que esta noite haxa "un sendeiro claro" do que vai pasar en Galicia nos próximos catro anos, enviando "unha mensaxe de prosperidade e futuro".


O candidato de Compromiso por Galicia, Xoán Bascuas, pediu aos electores que busquen "aquela forza política que mellor reflicta a súa forma de pensar, de sentir e de vivir o país". Fíxoo desde un colexio electoral rural, o das Escolas Vellas de Marcelle, na Baña. Alí tamén chamou a atención sobre a necesidade do "reequilibrio do interior" galego coa zona costeira.


relacionada Os candidatos volven "á normalidade da vida" na xornada de reflexión
relacionada ​Constituídas con "relativa normalidade" todas as mesas electorais en Galicia

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Cabecerarecomendados 1
Cabeceraultimahora
Cabeceralomasleido 1


Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condiciones de uso Consejo editorial
Powered by Bigpress