#Claves de la semana

A participación nas eleccións, practicamente idéntica á de 2012 a esta hora

En Galicia votaron a estas horas un 42,48% dos electores, unha cifra practicamente idéntica á rexistrada en 2012 á mesma hora (42,50%). 


|

Urna2 1


A participación nas eleccións galegas ata as 17,00 horas situouse no 42,49 por cento co 100 por cento das mesas recontadas, unha porcentaxe practicamente idéntica ao alcanzado durante a mesma franxa horaria nos comicios de 2012.


En concreto, a participación descendeu nun 0,01 por cento en relación ás pasadas eleccións autonómicas, celebradas o 21 de outubro de 2012 e nas que, ata as 17,00 horas, exercera o seu dereito ao voto o 42,50 por cento dos electores galegos.


Por provincias, só aumentou a participación con respecto aos comicios de 2012 na provincia da Coruña --42 por cento en 2016 e 41,13 en 2012--. Así, a porcentaxe de electores que exerceu o seu dereito ao voto en Pontevedra, Ourense e Lugo descendeu en relación aos comicios celebrados fai catro anos.


Ata as 17,00 horas votou en Pontevedra un 42,29 por cento dos electores --en 2012 fixérao o 42,57--, mentres que en Ourense e Lugo fíxoo o 44,50 e o 42,75, respectivamente. Estes datos contrastan cos de fai catro anos, cando acudira ás urnas ata as 17,00 horas o 46,18 en Ourense e o 43,32 en Lugo.


SETE GRANDES CIDADES


No que respecta ás sete grandes cidades galegas, a participación ata as 17,00 horas ascende en todas as urbes en relación a 2012, excepto en Ourense e en Vigo, descendendo na primeira e manténdose idéntica na segunda.


Así, a porcentaxe de electores que exerceu o seu dereito ao voto ata as 17,00 horas situouse no 43,62 por cento en Santiago, 42,09 na Coruña, 40,16 en Lugo, 40,98 en Ourense, 43,29 en Pontevedra, 42,36 en Vigo e 42,70 en Ferrol.


INCIDENCIAS


Da maioría destes datos, que poden ser consultados por todos os cidadáns a través da páxina web http://resultados2016.xunta.gal, informou en rolda de prensa o secretario xeral da Presidencia, Manuel Galdo. Pero ademais, tras ser preguntado polos xornalistas, explicou que o atraso producido nalgunhas mesas electorais debido á ausencia de titulares, suplentes ou material "levará compasado un atraso" no peche das devanditas mesas.


En concreto, este domingo 25S están chamados a votar un total de 2.255.579 galegos nas 3.977 mesas distribuídas polos 2.463 colexios electorais. Con todo, aos máis de 2,2 millóns de electores censados en Galicia, hai que sumar os 446.269 inscritos no Censo Electoral de Residentes Ausentes (CERA).


Ás 21,30 horas deste domingo producirase outra comparecencia do secretario xeral da Presidencia, Manuel Galdo, para informar do resultado do escrutinio neses momentos.



relacionada ​Os candidatos dan exemplo para animar á participación
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE