La única newsletter de sanidad de Galicia
Recibirás próximamente un resumen de información especializada, plural y rigurosa de martes a sábado
Acudiron a votar case o 64% dos electores. Así mesmo, baixou o número de votos en branco e nulos.
A participación nestas eleccións galegas alcanzou o 63,75 por cento co 96,66 por cento escrutado, o que supón case nove puntos máis en relación aos comicios de fai catro anos, cando a porcentaxe de electores que exerceran o seu dereito ao voto situouse no 54,91 por cento.
Por iso, a abstención nestas eleccións foi menor que nas anteriores --36,25 por cento en 2016 e 45,09 en 2012--. Tamén descenderon os votos en branco e os nulos, que se sitúan no 0,97 e o 1,01, respectivamente --nos comicios pasados alcanzaron o 2,66 e o 2,53 por cento--.
Pero ademais de informar sobre a participación nestes comicios, o secretario xeral da presidencia, Manuel Galdo, tamén informou dos resultados electorais sen completarse aínda o escrutinio.
Recibirás próximamente un resumen de información especializada, plural y rigurosa de martes a sábado