#Claves de la semana

​Os alcaldes 'do cambio', un gradiante de posicións sobre os resultados de En Marea

O alcalde de Ferrol mostra a súa "decepción", o de Santiago pide "respectar a vontade popular" e o da Coruña di que os resultados non son "malos"


|

Alcaldesmarea 1


Os tres 'alcaldes das mareas' ou do 'cambio', o da Coruña Xulio Ferreiro, o de Ferrol Jorge Suárez, e o de Santiago Martiño Noriega, que acompañaron e apoiaron con intensidade a candidatura de Villares, pronunciábanse hoxe sobre os resultados coñecidos onte nas eleccións galegas. Cada un pronunciouse de xeito diferente, con diferentes mensaxes en función das expectativas, que van desde a decepción ata a satisfacción con énfase no respecto da vontade do pobo manifestada nas urnas no día de onte. 


JORGE SUÁREZ, "DECEPCIONADO"


O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez (FeC), foi o máis 'duro' cos resultados obtidos pola formación. Mostrouse "decepciónado" polos resultados obtidos por En Marea nas eleccións deste domingo, "ao non lograr" o obxectivo marcado de obter "suficiente número de parlamentarios para, entre todas as forzas da esquerda, representar á maioría social" que "está a ser agredida".


"Non logramos mobilizar á nosa xente e por iso non pode avaliarse como un éxito en ningún dos casos, e por iso estamos bastante decepcionados co resultado, porque Feijóo vai continuar sendo presidente outros catro anos", lamentou Suárez.


O rexedor de Ferrol en Común tamén apelou á "autocrítica necesaria" e continuar "traballando nos procesos de construción deste novo suxeito político" para "buscar unha mellor conexión coa cidadanía" e con "a xente que está a sufrir recortes". "Que vexan en nós unha alternativa e continuar dando pasos para futuras citas electorais", apuntou.


MARTIÑO NORIEGA, DEMOCRÁTICO


O alcalde de Santiago, Martiño Noriega (Compostela Aberta), instou este luns para "respectar a vontade popular" tras as eleccións do domingo e a que En Marea "asuma o rol" de oposición coa "máxima ilusión".


En declaracións aos medios, Noriega admitiu que a formación tiña como "gran obxectivo" o "evitar unha nova maioría do Partido Popular", algo que non foi "capaz de lograr".


Do mesmo xeito, lembrou que "hai un mandato da cidadanía galega" respecto de En Marea para que "lidere a oposición ao Goberno do PP". "Cando a xente fala hai que respectar a vontade popular, asumir o rol e tentar facelo da mellor maneira, co máximo compromiso e a máxima ilusión", resumiu.


Por outra banda, rexeitou facer unha "tradución" dos resultados deste domingo en termos municipais, argumentando que o que "toca" no concello é "seguir traballando no local".


"Tócanos non flaxelarnos máis do que nos flaxelan desde fóra", indicou Martiño Noriega, que advertiu ao PP local dos riscos de "vender a pel do oso antes de cazalo". "Quédannos dous anos e oito meses de traballo e, por moito que algúns tenten vender a pel do oso antes de cazalo, dentro de dous anos e oito meses xa falaremos", sentenciou.


FERREIRO RELATIVIZA


O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, achacou á falta de tempo e a "algún erro" durante a campaña electoral uns resultados para En Marea que "non foron do todo malos", xa que se sitúa como segunda forza e a "alternativa" ao PP.


A preguntas dos xornalistas, Ferreiro recoñeceu a "incontestable" vitoria do PP nas eleccións autonómicas ao revalidar a maioría absoluta. Con todo, a pesar da derrota, Ferreiro sostén que os votos dos cidadáns sitúan a En Marea como a segunda forza máis votada, a "alternativa" aos populares.


Ferreiro alegou que a confluencia de forzas fíxose "en tempo récord" ante o adianto electoral e considera que se o proxecto estivese "máis maduro", as resultados "serían mellores". "É certo que o construímos no tempo que foi e o adianto electoral non nos beneficiou", dixo.


Tampouco descarta que se cometeran erros durante a campaña electoral: "Seguramente algún erro de campaña habería para que as cousas non saísen todo o ben que puideron", apuntou o rexedor herculino, quen, a pesar disto, considera que os resultados "non foron do todo malos".


Precisamente, en relación ás discrepancias internas con Podemos durante a campaña, aínda que non as considera "graves", recoñece que o "ruído" non é bo durante os días de campaña, e máis se se magnifica.


Na opinión do alcalde da Coruña, o feito de que En Marea sexa a segunda forza máis votada en Galicia permite "sentar as bases para un traballo de catro anos no Parlamento" e, unha vez pasado ese tempo, situarse como "unha alternativa máis forte".


Cuestionado sobre se a falta de acordo co PSOE puido influír nos resultados, Ferreiro admitiu que o electorado aprecia cando as forzas políticas non conseguen poñerse de acordo.


"Os resultados do PSOE son complicados", dixo o rexedor herculino, que asegura que os socialistas "non sairán ben parados" se non colaboran e facilitan a gobernabilidade das institucións nas que poden facelo --como é o caso do Concello da Coruña--.


relacionada Villares: "Farei unha oposición sen tregua á destrución de dereitos sociais"
relacionada ​Villares, sobre o segundo posto: "Vimos para quedar"
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE