#Claves de la semana

​Traballadores do Banco Popular protestan en Santiago contra o ERE

A secretaria da Sección Sindical da CIG no Banco Popular, Rosa Conde, explicou que a data da protesta escolleuse porque "previsiblemente, a próxima semana procederase ao comezo formal do expediente de regulación". 


|

Bancopopular


Traballadores do grupo Banco Popular secundarán este sábado unha concentración de rexeitamento ao Expediente de Regulación de Emprego (ERE) anunciado pola entidade e que prevé o despedimento duns 3.000 traballadores, 450 deles en Galicia.


Segundo informa a CIG, acordouse convocar unha primeira concentración este sábado, día 8 de outubro, en Santiago de Compostela, convocando tamén ese día unha nova asemblea de traballadores.


Sobre a data, a secretaria da Sección Sindical da CIG no Banco Popular, Rosa Conde, explicou que a data da protesta escolleuse porque "previsiblemente, a próxima semana procederase ao comezo formal do expediente de regulación, despois do proceso previo de reunións que establece o convenio colectivo".


Nun comunicado, a representante da CIG avanza que se "convidará" ao resto de organizacións sindicais con representación no Banco Popular para que se somen a esta primeira concentración, "así como para estudar un calendario de accións conxuntas de rexeitamento ao ERE".


ERE, "INNECESARIO"


Sobre o citado expediente, a CIG sostén que é "completamente innecesaria". "Sobre todo tendo en conta que parte dos traballadores e traballadores teñen que realizar a miúdo prolongacións ilegais da súa xornada por mor da falta de persoal".


Por outra banda, indica que os 450 traballadores que causarán baixa segundo os datos presentados pola empresa, hai que sumar outras 94 persoas na Coruña que quedarán fóra da entidade tras a venda do seu centro de traballo ao Grupo Indra".



relacionada ​O Popular despedirá ata 3.000 empregados e pechará unhas 300 oficinas
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE