#Claves de la semana

​Ana Pontón pide dar un "uso sociosanitario" ao vello hospital de Lugo

A portavoz nacional mostra o seu "respecto" polo proceso interno do PSOE, que observa con "interese" e "expectación". 


|

Hospitalxerallugo


A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reivindicou este luns que se lle dea un "uso sociosanitario" ao vello hospital Xeral Calde da capital, hoxe en día "abandonado".


Con iso, os nacionalistas buscan que este edificio "non se siga deteriorando durante outros cinco anos, como pasou nesta lexislatura", despois da apertura do Hospital Lucus Augusti, polo que será "unha das primeiras iniciativas" que leven ao Parlamento galego tras a súa constitución o 21 de outubro con respecto a Lugo.


A portavoz nacional compareceu acompañada da deputada electa por Lugo, Olalla Rodil, que insistiu na necesidade de que se "manteña o seu uso sociosanitario", do vello hospital, lembrando que "se chegou a propoñer polo PP nos últimos anos a instalación dunha nova comisaría".


"Pero nós defendemos que se manteña o uso para o que foi concibido e que estes inmobles, que agora están abandonado, acollan o desdobramento do centro de saúde para atender esta área da cidade (o barrio da residencia) e que se cre un centro asistencial para persoas maiores", defendeu.


ROLDA DE VISITAS


Previamente, Pontón explicou que vai "facer unha rolda de visitas por todo o país", que se empezaron en Lugo para presentar á deputada do BNG nesta lexislatura Olalla Rodil. 


Polo demais, Pontón, en relación á crise no PSOE, limitouse a dicir que no BNG "séguese con interese e expectación o que está a pasar neste momento no PSOE", pero respecta "os procesos internos doutras formacións políticas".


"No BNG estamos nunha etapa nova, centrada na consolidación do proxecto do nacionalismo", resolveu.


Finalmente, sobre a saída do que fose alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, da fronte nacionalista, manifestou que "na política é como nas modas" e apuntou que "hai que respectar as decisións que toman as persoas".



relacionada Denuncian a vulneración de dereitos dos pacientes psiquiátricos do Hospital de Calde
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE