#Claves de la semana

Falece Luis Caruncho, o pintor "da ciencia e a maxia"

O pintor e escultor galego, nacido na Coruña, faleceu este venres, aos 87 anos, en Madrid.


|

Luiscaruncho

Feria Internacional de Arte Contemporáneo Puro Arte, Vigo // Ricardo Grobas


O pintor e escultor galego Luis Caruncho faleceu este venres aos 87 anos na súa residencia de Madrid. Así o confirmou a Xunta de Galicia nun comunicado no que expresou o seu pésame polo falecemento "dun dos máis ilustres artistas galegos contemporáneos", figura que "recuperou a innovación e a vangarda en España a finais dos anos 50".


Fondamente influido pola súa condición de galego, tal e como indica no seu currículo na súa páxina web, "proxectou, sen dúbida, o universalismo da súa obra en todo momento, tal e como corresponde a esa orixe onde tantos nomes souberon compaxinar a conservación duns valores autóctonos e a dimensión do seu pensamento a todos os niveis".


Nacido na Coruña en 1929, Caruncho foi Medalla Castelao polo seu labor como pintor e escultor de proxección internacional e constitúe unha "referencia da arte galega contemporánea" pola súa pintura abstracta, na que se conxuga xeometría e sentido lúdico.


"A pintura de Luis Caruncho -escribiu Camilo José Cela- aliméntase de ciencia e maxia a partes iguais, ou sexa de tradición e un lume neno, devastador e recentemente estreado. A Giotto, cando adiviñou a perspectiva, non lle bailou a alma con maior esmero, nin con piruetas máis descomunais e perigosas", precisou o Nobel.


Como recoñecemento á súa traxectoria, foi membro de honra da Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario e recibiu a Medalla de Artes Plásticas de Madrid e o Premio Nacional de Cultura.



Carunchoconmarujamallo

Luis Caruncho con Maruja Mallo e Luís Rosales // www.caruncho.eu


Este verán, a obra de Luís Caruncho foi protagonista dunha mostra colectiva na Casa da Parra de Santiago, impulsada pola Xunta. Unha década antes, en 2014, o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) dedicou unha exposición antolóxica á súa obra, que está representada en importantes coleccións de arte como a de Afundación, a do Palacio da Zarzuela, a do Centro de Arte Reina Sofía ou a do Museo da Fundación Pilar e Joan Miró.

relacionada Falece o pintor Manuel Aramburu, un dos mestres contemporáneos de Galicia
relacionada ​Unha "rompedora" obra do lalinense Misha Bies Golas gaña o premio de pintura Mardel
relacionada O pintor ourensán Antón Pulido, Premio Trasalba 2015
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE