#Claves de la semana

​Renfe retira esta noite a cabeceira do tren do Porriño

Establecerase un dispositivo de tráfico para transportes especiais a partir das 23.30 horas. 


|

Porriocabeceratren


Renfe trasladará este luns pola noite o tren que descarrilou o pasado 9 de setembro preto da estación do Porriño (Pontevedra) e que, desde o día do accidente, permanece nunha vía secundaria desa estación.


Segundo puido confirmar Europa Press, a máquina automotora que circulaba na cabeceira do convoi, e que sufriu os maiores danos, será trasladada ao polígono industrial da Granxa por estrada, mentres que os outros dous vagóns está previsto que se trasladen aos talleres de Renfe en Redondela.


Para transportar o primeiro vagón previuse un dispositivo especial de tráfico, xa que será colocado nunha plataforma especial preparada para mover elementos de ata 25 metros de longo e máis de 4 metros de alto.


O transporte especial sairá da estación de tren sobre as 23.30 horas, e tomará a autovía A-52 en dirección a Ponteareas, para logo desviarse pola saída 305 e entrar no Porriño na N-120, á altura do IES Piñeiro Manso. A partir de aí, circulará pola N-550 en dirección ao polígono da Granxa, para depositar os restos da máquina nas instalacións da empresa Guindastres Doniz.


O xulgado de instrución número 2 do Porriño autorizou a finais de setembro o traslado dos restos do tren, aínda que estes seguen estando a disposición da autoridade xudicial e da investigación.


INVESTIGACIÓN


Tras o accidente deste tren (que cubría a liña Vigo-O Porto), que causou 4 mortos e 49 feridos, iniciouse unha investigación a cargo do xulgado de instrución número 2 do Porriño. Paralelamente, puxéronse tamén en marcha as pescudas por parte da Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios.


No curso das investigacións, confirmouse que, segundo os datos rexistrados nas caixas negras do tren, o convoi circulaba a 118 quilómetros por hora cando descarrilou (nunha vía na que debía facelo a un máximo de 30 quilómetros por hora).


Así mesmo, os peritos confirmaron, tras realizar as oportunas comprobacións, que os freos do tren funcionaban con normalidade, do mesmo xeito que o fixeron os sinais da vía. O que aínda non se puido explicar é por que, se confirmou recibir os avisos de que debía frear, o maquinista non minorou a marcha.


No marco das investigacións, está previsto que este martes peritos da Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios se entreviste en Vigo con compañeiros do maquinista do tren (que morreu no accidente), entre outros traballadores, para elaborar o seu informe.


Por outra banda, á marxe das inspeccións dos expertos, o xulgado reclamou a Adif e Renfe diversa documentación acerca de, entre outras cuestións, "as causas que motivaron os traballos de mantemento e o desvío do tren", a identidade do responsable do Posto de Mando, e outra información sobre itinerarios e rexistros.

relacionada A CIAF entrevistará a maquinistas para avanzar no seu informe sobre o accidente do Porriño
relacionada Confirman que el freno del tren de O Porriño funcionaba y no había "nada irregular" en la vía
relacionada "No me cabe en la cabeza, si reconoció las dos señales, sabe que tiene que frenar"
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE