#Claves de la semana

Ence donará 180 millóns para fins sociais durante os 60 anos que siga na ría

Este xoves quedou constituída a comisión de seguimento do pacto ambiental, á que foron convidados os concellos de Marín, Poio e Pontevedra, dos cales os dous últimos declinaron participar. 


|

Encepactoambiental


A comisión de seguimento do pacto ambiental con Ence quedou constituída este xoves nun acto na Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra, ao que acudiu o vicepresidente en funcións do Goberno galego, Alfonso Rueda; a conselleira de Medio Ambiente en funcións, Beatriz Mato, e o conselleiro delegado da compañía, Ignacio de Colmenares y Brunet.


Ence convidou os concellos de Marín, Poio e Pontevedra, así como á Deputación, a integrarse nesta comisión con carácter permanente que colaborará na elaboración do programa social da empresa, así como no seguimento das actividades que se poñerán en marcha. Tan só o goberno local de Marín respondeu positivamente a esta invitación, mentres que os dos municipios Pontevedra e Poio mostraron o seu rexeitamento.


TRES MILLÓNS DE EUROS 


Segundo explicou o conselleiro delegado de Ence, esta negativa "non prexudicará" aos colectivos sociais destes municipios. De acordo á visión da pasteira, a participación das administracións públicas fai que resulten máis eficientes para a sociedade os recursos achegados pola empresa para o desenvolvemento económico-social de Pontevedra debido ao seu coñecemento da realidade social da comarca.


Entre outros obxectivos, a comisión de seguimento determinará o destino dos tres millóns de euros que Ence comprometeu no seu programa social na cidade de Pontevedra e a súa comarca. En total, son 180 millóns para fins sociais durante os 60 anos que durará a prórroga da concesión dos terreos de Lourizán onde se sitúa a fábrica.


"Nós somos unha compañía industrial, non somos unha ONG, ou sexa non estamos afeitos gastar tres millóns de euros todos os anos nese tipo de cousas", explicou Ignacio de Colmenares. Por iso, convida a participar, xa que "é bo que haxa máis dun colectivo dicindo onde é mellor" destinar o diñeiro. "Se hai máis voces é máis interesante (...) pero prexudicar, non", deixou claro.


O pacto ambiental asinado o pasado 30 de xuño pola Xunta de Galicia e Ence, recolle a implementación do mencionado programa social para a "concesión de axudas, bolsas, contratos e outros métodos de financiamento necesarios para a realización de proxectos, estudos, investigacións e outros traballos da mesma índole".


PAZO DE LOURIZÁN


O pacto ambiental tamén inclúe outras actuacións fundamentais: o financiamento con 15 millóns de euros para a nova depuradora de Pontevedra, 30 millóns que a fábrica asegura que se dedicarán a mellorar a eficiencia do complexo industrial, a construción dunha planta de biomasa e a achega de cinco millóns de euros para converter o Pazo de Lourizán nun centro de referencia en investigación forestal.


Sobre este último proxecto, Ence quere instalar na histórica residencia de Montero Ríos un centro privado de I+D+i. O pazo é propiedade da Deputación, aínda que o seu uso está cedido á Xunta a quen lle corresponde o seu mantemento e conservación. Tanto a administración provincial como o Concello de Pontevedra xa mostraron o seu receo a que a empresa se instale no emblemático edificio.


Neste sentido, Alfonso Rueda comentou que "lamentaría moitísimo que non se puidese facer este investimento". "Como queremos que se faga o que lle pedimos a Ence é que vaia buscando un emprazamento alternativo", agregou.


Respecto diso, o vicepresidente da Xunta dixo que "se o problema é que hai que facer unha solicitude formal" á Deputación de Pontevedra "para ver cal é a disposición" farase "sen ningún problema".


Finalmente Rueda critica que a presidenta da Deputación, Carmela Silva, "adóitase manifestar con non demasiado respecto das propostas que recibe". "Espero que esta vez non faga así", desexou, e que os cidadáns de Pontevedra "non perdan esta oportunidade de facelo no Pazo de Lourizán".

relacionada ​Ence asina un "pacto ambiental"
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE