Feiraco e as cooperativas dedican un día ao empoderamento das mulleres do agro

|

Ruralmujerhuertacampoagricultura


Este venres, 14 de outubro, a Fundación Feiraco e a Agaca (Asociación Galega de Cooperativas Agrarias) celebrarán o Día Internacional das Mulleres Rurais, unha cita promovida pola Organización de Nacións Unidas (ONU) e fixada propiamente para o día 15 en todo o mundo.


Este acto poñerá de relevancia a contribución das mulleres ao desenvolvemento do sector cooperativo e do medio rural e enmárcase nas diferentes actuacións de responsabilidade social empresarial que promoven a Fundación Feiraco e Agaca. O seu obxectivo é o de "eliminar aqueles obstáculos que poidan atopar as mulleres no acceso a cargos de responsabilidade e para promover a maior integración feminina nos órganos de decisión cooperativos".


Entre as actividades que levan a cabo estas dúas entidades atópanse 'Atrévete Contigo Mesma', unhas xornadas centradas no empoderamento e subida da autoestima das cooperativistas e os talleres de 'Empoderamiento da muller como persoa socia da cooperativa', sobre empoderamiento e xestión empresarial, no marco da rede Eusumo da Consellería de Economía, Emprego e Industria.


No acto do venres, que se celebra na sede da fundación --en Pontemaceira, Ames--, participan o director xeral de Feiraco, José Luis Antuña; o director xerente de Agaca, Higinio Mougán; a vicepresidenta de Feiraco, Carmen Rodríguez; e a secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural da Xunta, Carmen Bouso.

relacionada As gandeiras galegas, dobremente discriminadas

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress