​O presidente de Navantia "non é ben recibido en Ferrol"

|

Navantiaferroltraballadores


Traballadores de Navantia Ferrol impediron que o presidente da compañía naval pública, José Manuel Revuelta, mantivese un encontro con empresarios da industria auxiliar na que o máximo executivo tiña previsto trasladarlles as intencións da compañía pertencente á Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI) en materia de subcontratación.


Revuelta e parte do seu equipo directivo nas factorías da ría de Ferrol citaran aos representantes da compañías na sede de Afundación, na Praza de Constitución, ás 9,30 horas, para a entrega de credenciais, e iniciar a xornada de traballo ás 10,00 horas.


Con todo, á súa chegada, atopáronse cunha concentración de traballadores do estaleiro de Ferrol, formada por máis de 2.000 operarios, que bloqueaba a porta principal, mentres que outro grupo de traballadores, a maioría do comité de empresa, tamén impediu o acceso pola traseira, lugar polo que tratou de acceder José Manuel Revuelta.


Tras abandonar o lugar Revuelta, o presidente do comité de empresa de Navantia Ferrol, Javier Galán (CC.OO.), dirixiuse aos traballadores presentes para celebrar que lograsen que "isto non se convertese na cova de Alí Babá", ademais de cualificar a Revuelta como "irresponsable".


Na súa intervención, Galán indicou que a presenza de Revuelta neste encontro con representantes das industrias auxiliares "era para dicirlles aos empresarios que teñen que baixar os prezos nas licitacións" coa desculpa que hai que ser "competitivos". Unha competitividade que, segundo o representante sindical, a dirección da empresa "só entende" con que os traballadores teñen que traballar catorce horas ao día e cobrar 900 euros, algo que non imos permitir porque estamos a caer na escravitude".


AFUNDIR A COMARCA


Galán aproveitou a súa comparecencia ante os traballadores para asegurar que non permitirán que "mentres manteñen débedas cos traballadores estean a gastar diñeiro noutras cousas". "Señor presidente, non é ben recibido en Ferrol, o único que está a tratar é de afundir esta comarca", indicou.


"Algúns dos que estades aquí podedes testemuñar como vos fan traballar catorce horas e vos pagan oito", censurou en referencia aos empresarios que agardaban nunha das esquinas da praza.


Xa sobre as 10,00 horas, os manifestantes levantaron a concentración e regresaron á factoría e uns quince minutos máis tarde os empresarios entraron ao salón de actos da sede de Afundación, sen a presenza de José Manuel Revuelta.

relacionada ​Navantia entrega las primeras bases para un parque eólico marino en Alemania
relacionada Navantia conmemora o centenario da Escola Obreira de Ferrol

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress