#Claves de la semana

Dúas socialistas galegas levan a Ferraz a 'revolución das rosas'

Centenares de simpatizantes e votantes do PSOE concentráronse fronte á sede do partido na rúa Ferraz de Madrid. 


|

Revolucionrosasferraz


Centenares de simpatizantes e votantes do PSOE concentráronse fronte á sede do partido na rúa Ferraz de Madrid para protestar pola actual xestora do partido e pedir que o Comité Federal, que se celebrará este domingo, non vote a favor dunha abstención que facilite a investidura de Mariano Rajoy. Autodefínense como a 'revolución das rosas', unha revolución "pacífica" detrás da cal están dúas socialistas galegas: Sonia Pillado Rey, militante de Narón no PSdeG, e Aída Loira Fontela, de Fene pero militante en Pontevedra. 


Nesta protesta os simpatizantes e votantes do PSOE afirmaron que "non queren a Mariano Rajoy no Goberno" e explicaron que a concentración ten como obxectivo "facer forza" para que a xestora cambie de actitude, segundo explicou Aida Loira. 


Durante a protesta, exhibíronse pancartas con lemas como 'PSOE sen caciques', 'Non é Non', 'Baróns golpistas' ou 'Democracia no PSOE'.


Algúns dos asistentes depositaron rosas vermellas nas portas da sede da rúa Ferraz, que permaneceu semicortada e baixo a vixilancia de cinco furgóns da Policía Nacional.


PROMOVIDA POR DÚAS MILITANTES DO PSdeG


A orixe desta concentración, promovida Aida Loira e Sonia Pillado, militantes de Pontevedra, está nos acontecementos que tiveron lugar o pasado día 1 de outubro, cando Pedro Sánchez presentou a súa dimisión como secretario xeral ante o Comité Federal.


A petición do congreso extraordinario fundaméntase no artigo 34,2 dos estatutos do PSOE, que indica que o conclave extraordinario pode ser convocado "cando o pidan a metade máis un dos militantes", e púxose en circulación o domingo día 2. Na actualidade esta petición suma máis de 75.000 firmas fronte ás 94.000 necesarias.

relacionada El PSOE, a las puertas de su comité federal definitivo
relacionada ​Rivera é o dirixente máis valorado e Sánchez o menos
relacionada Toca absterse, si ou si
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE