Abstención estratéxica?

Manuel Fernando González Iglesias

Gestorapsoe 1 1


Tras finalizar o Comité Federal do PSOE os portavoces do bloque perdedor, chámense Miquel Iceta polo PSC ou César Luena polos sanchistas, pediron "intelixencia" á Xestora, que vén ser na práctica, que respecten o Non dos deputados afíns e non os obriguen a se abster en contra da súa vontade o "día de autos". É dicir, que a Rajoy se lle invista á segunda pero só coas abstencións sociatas imprescindibles que necesita para saír airoso do trance.

É un mal menor, pero unha papeleta moi fodida para o Presidente da Xestora de Ferraz, o asturiano Javier Fernández, que non está moi polo labor, como tampouco o está a super-presidenta andaluza Susana Díaz que é partidaria de "coser as feridas internas" a base de doses moi severas de disciplina estatutaria.

Parece lóxico pensar agora mesmo que se se chegase a un Congreso Extraordinario no medio dun forte enfrontamento, o PSOE comezaría a escorar irremisiblemente cara ao abismo da insignificancia política, do que non podería saír en décadas. Por iso, convén non desaproveitar a única parte positiva do sucedido este penúltimo domingo de outubro neste Comité Federal: Foi breve e democrático. Un valor engadido que non se debe desperdiciar, para así poder enfilar sensatamente un Congreso de refundación no que os do Non a Rajoy deben gañar para conseguir devolver ao socialismo as súas bases como pregoan, e os do Si á abstención tamén deben achegar serenamente as súas reflexións sobre, como na política, se require unha boa dose de pragmatismo para enfilar os problemas, especialmente cando estamos a falar da estabilidade do Estado, goberne quen goberne.

Oxalá que este sapo que tragaron os socialistas ilustre ás outras forzas políticas na folla de ruta que deben seguir nos próximos meses, e que non caian na solución fácil de facer leña da árbore caída e laminar o PSOE, porque, por ese camiño, non se vai a ningunha parte boa para o país no seu conxunto, xa que os socialistas por historia e ideoloxía son absolutamente imprescindibles para a estabilidade da sociedade española, sobre todo para a moi castigada clase media, especialmente para os traballadores en paro.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Más opinión
Opinadores

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE