#Claves de la semana

A Xunta non ten comunicación "formal" de ningún expediente en Ferroatlántica

Ante a posibilidade de que a compañía venda parte do negocio enerxético, Feijóo garantiu que "o principal obxectivo da Xunta é e será manter os postos de traballo". 


|

Ferroatlantica


O presidente da Xunta en funcións, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que a Administración galega non ten comunicación "formal" de ningún "expediente" de Ferroatlántica, en relación á situación das súas fábricas de ferroaleacións de Dumbría e Cee e das centrais hidroeléctricas dos ríos Xallas e Grande.


"A empresa, que eu saiba, non presentou ningún expediente formalmente e a Administración pública non dialoga, fala co dereito administrativo, que é escrito", manifestou, tras preguntar pola posibilidade de que a compañía (do Grupo Villar Mir) venda parte do negocio enerxético.


Dito isto, garantiu que o "principal obxectivo" da Xunta "foi e será" manter os postos de traballo nas plantas galegas.


Non en balde, recoñeceu a importancia da actividade industrial do centro de Cee na comarca. "Para nós ten un enorme interese, veremos que propón a empresa, pero o obxectivo do Goberno galego é manter os postos de traballo", resolveu.

relacionada ​O BNG esixe "frear" a problemática da posible segregación de Ferroatlántica
relacionada ​A Mesa denuncia que Ferroatlántica non permite usar o galego nas reclamacións internas
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE