Yolanda Díaz: "As persoas que demos mitins vimos que algo fallaba"

|

Yolandadiaz2


A deputada nacional de En Marea, Yolanda Díaz, cre que "algo fallou" na campaña electoral do partido instrumental nas pasadas eleccións autonómicas. "Creo que todas as persoas que demos mitins vimos que algo fallaba", manifestou.


"Era unha campaña diferente. [...] Non se que fallou pero creo que iso si que temos que facelo en En Marea, tomarnos en serio estas cousas, non para tirarnos trastes á cabeza, para mellorar", sinalou.


Nunha entrevista na Radio Galega recollida por Europa Press, a tamén a coordinadora nacional de Esquerda Unida asegurou que "reabrir o debate" sobre a integración de Podemos Galicia en En Marea "sería un erro brutal", polo que apostou por "sumar" e "alargar" a base social da confluencia.


Deste xeito, Díaz ve "absolutamente disparatado" cuestionar "por unha banda e por outra" a integración da formación morada no partido instrumental. "Faltan moitas voces na marea. Non se trata de restar, trátase de sumar. A miña posición é que os partidos teñen que estar pero non teñen que ser", resolveu.


FILTRACIÓNS Á PRENSA


Doutra banda, a ferrolá criticou as "filtracións internas" do partido, en referencia á publicación dun documento no que o portavoz de En Marea, Luís Villares, solicitaba á coordinadora un chofer, un asistente persoal e compensación económica polos ingresos que deixou de percibir tras abandonar a xudicatura para presentarse ás primarias da confluencia.


"Combato todas as filtracións. Como levamos un ano con filtracións, paréceme que é bastante feo facer estas cousas. É unha mala praxe política", comentou.


"BOICOT" AOS GOBERNOS MUNICIPAIS


Así mesmo, Yolanda Díaz acusou ao PP e ao PSOE de "boicotear" os gobernos municipais das candidaturas de confluencia, para logo indicar que ese bloqueo "non está a castigar a Xulio Ferreiro, Martiño Noriega e Jorge Suárez" senón que afecta "á cidadanía".


Por último, a deputada tamén foi cuestionada pola polémica orixinada esta semana pola plusvalía que o senador de Podemos Ramón Espinar conseguiu coa compravenda dun piso de protección oficial.


"Creo que é legal e aquí quédome", espetou, para logo negar que Espinar deba dimitir. "Non, sería o colmo. Non dimite ninguén neste país por nada, nin por cousas tremendas", resolveu.


relacionada 'Xuntos si se puede' quere que Podemos Galicia sexa un "partido federal"
relacionada ​En Marea quere renovar xa a súa cúpula

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial
Powered by Bigpress