​A CIG estuda impugnar o acordo do ERE do Popular

|

Bancopopular3


A CIG estuda se presenta impugnación xudicial do acordo cos sindicatos do grupo Popular para a saída de 2.592 empregados mediante prexubilacións e outras modalidades de carácter voluntario, dos que uns 400 serán en Galicia, xa que considera que non existe xustificación para ese ERE.


Diso informou a Europa Press, Rosa Conde, da CIG, que explica que unha vez que o acordo estea presentado ante a autoridade laboral --que se prevé sexa este martes-- haberá 20 días para presentar denuncia e expor esa impugnación, que sopesa o sindicato nacionalista.


A CIG é un dos sindicatos que non subscribiron o acordo do ERE xunto á CGT, ELA e LAB, o cal si foi apoiado de forma maioritaria polo 86% dos representantes dos traballadores --CC.OO., UGT, Segrupo, FITC e AMYC---.


Neste sentido, Rosa Conde subliña que "non era necesaria esa reestruturación" no grupo Popular, xa que "hai escaseza de persoal na rede de oficinas", con traballadores que deben "prolongar a súa xornada" para facer fronte a unha carga de traballo "excesiva".


Por iso, fai fincapé en que asinar o acordo "supón aceptar que os fundamentos do ERE son válidos", cando considera que non é así, pois "non sobra esa xente que se vai a ir". Ademais, remarca que no caso de levar a cabo esa redución de persoal debería facerse só con prexubilacións voluntarias.


Con tal motivo, a CIG convocará dúas asembleas de traballadores na Coruña e Ourense para dar información aos empregados, así como para valorar medidas a seguir.


INCIDENCIA "INCERTA" EN GALICIA


Sobre a incidencia en Galicia do ERE, Rosa Conde sinala que se seguen barallando as cifras dunhas 400 saídas e o peche de 42 oficinas do Popular e Pastor, ademais da apertura parcial de 25 sucursais no rural --que abrirán uns dous ou tres días por semana--.


Con todo "non se sabe como afectará" de forma definitiva, dado que depende cal é o número de persoas que se adscriben de forma voluntaria durante o período que agora se abre.


Este mércores comeza o prazo de dez días naturais que teñen os traballadores para acollerse de forma voluntaria a prexubilacións, baixas voluntarias ou excedencias. Tras o cal, o banco deberá responder se as acepta ou non nun prazo de cinco días.


Sobre o acordo de mobilidade xeográfica, que poderá afectar a un número de ata 200 empregados en toda España para corrixir os desequilibrios de persoal territoriais que se poidan producir, Rosa Conde avisa de que este se pode impoñer de forma "forzosa" aos traballadores que non o fixeron de forma voluntaria, ante o peche previsto de 42 oficinas en Galicia, xa que "en última instancia" decide a entidade financeira. Ademais, lembra que a distancia que pode supoñer ese cambio é de ata 350 quilómetros.

relacionada ​Popular acorda cos sindicatos a saída de 2.600 traballadores
relacionada ​O Popular di que xa fixo "todo o esforzo que podía facer" na redución do ERE

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress