​Requisan unha tonelada e media de peixe e marisco nun operativo contra o furtivismo

|

Furtivismoaparellospescamarisqueo


O servizo de Gardacostas de Galicia requisou máis de 1.450 quilos de peixe e marisco xunto con 272 aparellos de pesca en diversos operativos contra o furtivismo realizados na última semana.


Diso deu conta a Xunta a través dun comunicado, no que precisou que a ría de Arousa foi o escenario de varias destas actuacións. Alí os axentes requisaron máis de 510 quilos de diversas especies, en boa medida de centolla, e 104 aparellos pesqueiros.


Na Mariña lucense foron 464 quilos os incautados, maioritariamente ourizos; mentres en Costa da Morte o resultado das distintas operacións foron 218 quilos comisados, sobre todo, de nécoras.


En Pontevedra os axentes fixéronse con máis de 150 quilos, moitos deles de polbo; e en Ferrol foron máis de 88 quilos. En paralelo, en Vigo, incautáronse de 10 quilos de berberecho; na Coruña foron catro quilos de nécora e centolla; e na ría de Muros e Noia, catro quilos de polbo.

relacionada ​Gran despliegue contra el furtivismo
relacionada ​Momentos de tensión en Ferrol tras una operación contra el furtivismo

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress