#Claves de la semana

​Dous detidos en Galicia nunha macrooperación contra a pornografía infantil

Hai 56 arrestos en 28 provincias, por distribuír a través de Internet imaxes de "abusos de extrema gravidade" cuxas vítimas son "menores de moi curta idade".


|

Pornografiainfantilpedofilos


Axentes da Policía Nacional desenvolveron unha macrooperación contra a pornografía infantil na que detiveron a 56 homes, a maioría de idades comprendidas entre os 40 e 60 anos, dous deles en Galicia --nas provincias da Coruña e Pontevedra-- por distribuír a través de Internet imaxes de abusos de extrema gravidade cuxas vítimas son menores de moi curta idade.


Hai outras tres persoas investigadas, aínda que non detidas. Os axentes practicaron 39 rexistros domiciliarios incautáronse de numerosos computadores, máis de 173 discos duros e 614 discos compactos e DVD's con varios gigas de fotografías e vídeos ilícitos protagonizados por nenos e nenas. Tamén se interviñeron dous revólveres, un deles co canón modificado, nun dos rexistros efectuado en Murcia.


As detencións practicáronse nas provincias de Madrid (11), Barcelona (8), Baleares (4), Valencia (3), Zaragoza (3), Alacante (3), A Rioxa (2), Cantabria (2), Almería (1), Burgos (1), Murcia (1), Teruel (1), A Coruña (1), Pontevedra (1), Lleida (1), Xirona (1), Guipúscoa (1), Tenerife (1), Cádiz (1), Tarragona (1), Biscaia (1), León (1), Valladolid (1), Huelva (1), Toledo (1), Sevilla,(1), Málaga (1), Cidade Real (1).


Segundo informou a Policía Nacional, os arrestados compartían os arquivos con material pornográfico infantil a través de redes Peer to Peer --P2P--, un dos sistemas máis utilizados para intercambiar este tipo de contido delituoso.


A investigación, que se prolongou durante ano e medio, converteuse nun dos operativos máis importantes contra a distribución de material pedófilo este ano, tanto en número de detidos, como en volume de arquivos pornográficos de nenos e nenas compartidos.


A principios de 2015 os axentes comezaron a rastrexar unha rede P2P para identificar a usuarios que puidesen estar a distribuír material pornográfico de menores na internet. Unha vez monitorada a rede, os investigadores realizaron unha análise da información xerada e lograron identificar a 73 usuarios de interese pedófilo situados en España. Tamén se puido determinar que algúns dos investigados xa foran detidos con anterioridade por feitos de idéntica natureza no marco doutras investigacións.


150 AXENTES E 46 XULGADOS


Na operación actuaron máis de 150 axentes policiais adscritos aos grupos de investigación de delitos tecnolóxicos de diferentes unidades territoriais de Policía Xudicial, ademais dos integrantes do Grupo Terceiro de Protección ao Menor da Brigada Central de Investigación Tecnolóxica de Unidade de Investigación Tecnolóxica da Comisaría Xeral de Policía Xudicial. Do mesmo xeito, interviñeron 46 Xulgados de Instrución repartidos por toda España.


Tras as detencións, os investigadores continúan realizando un exame exhaustivo do inxente material informático intervido para determinar a posible existencia de delitos de abusos sexuais sobre menores por parte dalgún dos implicados --ademais do delito de produción de material pedófilo-- ou para determinar posibles conexións con outros pedófilos ou pederastas que interactúen na rede.


A operación levouse a cabo por axentes da Unidade de Investigación Tecnolóxica da Comisaría Xeral de Policía Xudicial coa colaboración de 33 unidades territoriais de Policía Xudicial.

relacionada Cinco detidos en Galicia, nunha operación contra a pornografía infantil
relacionada ​Una operación contra la pederastia alcanza a la provincia de A Coruña
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE