#Claves de la semana

Pedro Puy defende o continuismo do goberno galego na nova lexislatura

Contestoulle aos grupos parlamentarios, fixo unha defensa do discurso de investidura de Feijóo e asegurou a confianza da Cámara á súa investidura. 


|

Pedro puy archivo  644x362


Pedro Puy interviu na Cámara Galega tras as respostas dos grupos da oposición ao discurso deste martes de Feijóo. Puy comezou por salientar un debate "tan importante que está no estatuto de autonomía", para logo tildar o día de hoxe de "celebración democrática". 



Puy salientou que no eido económico, o obxectivo do goberno é favorecer a creación de empregos estables e de calidade. Neste sentido, contestoulle ao candidato socialista, Xaquín Fernández Leiceaga, que acusou a Feijóo de ter boas intencións pero carecer de medidas específicas para o seu Plan Estratéxico de Galicia para crear entre 80.000 e 100.000 empregos. Puy dixo que este logro en materia de traballo se materializará a través de varias medidas das que destacou favorecer o traballo autónomo, incrementar o tamaño das empresas, favorecer a cooperación das empresas, abrir novos polos innovadores, captar talento, mellorar formación profesional, ou impulsar os sectores estratéxicos. 


O voceiro popular mostrouse optimista de que esta economía aberta e competitiva "será posible" porque o goberno ten "as ideas claras e recursos no peto para o vindeiro ano", dado que a Xunta contará con 250 millóns de euros máis para o próximo exercicio orzamentario sempre e cando cumpran cun compromiso de redución de déficit. 


No tocante ás medidas sociais, Puy dixo que colaborarán cos concellos, con ONGs e desenvolverán políticas explícitas cara a unha axenda social única de todas as políticas sociais que xa se están a desenvolver. Advertiu Puy que hai "concellos que rexeitan colaborar coa Xunta". Comprometeuse deste xeito cunha Galicia solidaria con oportunidades para todos. 


Á mención de Leiceaga e Villares sobre o traspaso da AP-9 tamén fixo mención Puy, facendo fincapé en que as competencias do goberno galego son cada día máis, quitándolle importancia á dita transferencia ao chancear con que "se o traspaso da AP-9 é o principal que temos, é que o goberno galego está ben vizoso"



Tamén tivo palabras para a candidata do BNG, Ana Pontón, á que reprochou a súa mención a vivir un 'deja vu', maneira na que a nacionalista quixo plantexar o feito de que Feijóo repetira, segundo dixo a voceira, o que dixo no anterior discurso de investidura de hai catro anos. Así as cousas, Puy chanceou con que tamén tivo un 'deja vu' cando escoitou a Pontón falar do 'Día da Marmota'. Neste sentido, o voceiro dixo que os nacionalistas "confunden a continuidade coa repetición do pasado", e continuou: "os que teñen que rectificar son os que foron derrotados, non só fronte ao noso partido, senón tamén fronte ás súas expectativas". 


A Villares, Puy díxolle que "non entenderan a mensaxe das urnas" e "aclaroullo" ao voceiro de En Marea, dicindo que "o PPdeG cre no país, cre en Galicia, pero Galicia non cre en vostedes" (en alusión a En Marea). Ademais, o voceiro dos populares convidou a Villares a reconsiderar a posición que teñen En Marea porque "non van chegar a acordos" e ironizou dicindo "que sentido tería que pactasen con xente malvada", ao tempo que instou ao grupo a "abandonar o populismo".


Pedro Puy rematou o seu discurso instando a pactar para evitar as inxustizas dunhas persoas sobre outras, pois segundo dixo o "consenso pode ser un criterio de eficiencia, de xustiza e de estabilidade e seguimento das normas"


A continuación manifestou a confianza do grupo parlamentario popular ao candidato Feijóo, que se materializará no voto favorable do grupo con maioría no parlamento. 

relacionada ​Luís Villares: "As Irmandades da Fala foron a primeira marea galeguista"
relacionada Leiceaga a Feijóo: "Non reduza Galicia ao seu partido, porque perdemos todos"
relacionada Ana Pontón: "Sempre nos atoparán nos acordos que sirvan para defender Galiza"
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE