#Claves de la semana

Ana Pontón: "Sempre nos atoparán nos acordos que sirvan para defender Galiza"

A voceira do BNG dixo que "estamos coa man tendida para construír xuntos o futuro", pero confía pouco na capacidade de chegar a acordos.


|

Anapontonparlamento


A voceira do BNG anunciou no seu discurso da investidura de Feijóo que "estamos coa man tendida para construír xuntos o futuro", aínda que confía pouco na capacidade de chegar a acordos.


"É en tempos coma estes cando a política de verdade é máis necesaria ca nunca, a política que non entende de cortopracismos e sabe impoñer os intereses do país", dixo. E anunciou que o BNG fará unha "oposición estrita e rigorosa do goberno", por iso "nunca vou recorrer ao insulto nin á descalificación persoal".


"Sempre nos atoparán nos acordos que sirvan para defender Galiza", manifestou Ana Pontón, ao enteder que "estamos nun momento clave no que toca repensar o futuro de Galiza, e enfocar o futuro con luces largas".


"PRESIDENTE Á FUGA"


A voceira do BNG explicou os casos de Lola, Manuel e Rosa, como exemplos de traballo precario, o desemprego de longa duración e a falta de axudas á dependencia.


"Vostede votaríase a si mesmo, despois de todo isto? Vailles ofrecer algo diferente? É evidente que non", manifestou, ao interpretar que Feijóo é "un presidente á fuga, presentouse para marchar, e isto condiciona as súas prioridades".


MODELO DE FINANCIAMENTO E TECIDO PRODUTIVO


Ana Pontón reclamou, ademáis, a necesidade dun "novo estatus para Galiza". Sobre este eixo volveu propoñer cambiar o modelo de financiamento autonómico que quite a Montoro "a chave dos cartos dos galegos e das galegas", unha banca pública e controlar a enerxía.


"En todos estes eidos vostede nunca militou en Galiza", espetoulle a Feijóo. "Somos cautivos das decisións que se están tomando a centos de quilómetros de nós", coma no tema da AP-9, sobre o que propuxo "rescatar aos galegos das peaxes" desta vía de comunicación.


Tamén fiou o seu discurso cara á necesidade de impulsar as enerxías renovables, "paralizadas" polo PP. "E a pregunta é a quen beneficia isto? Ao oligopolio eléctrico. Vostede antepón as portas xiratorias á democratización da enerxía". Así, recordou que outros países si que levaron a cabo esta aposta, "outros foron valentes e vostede foi covarde".


SERVIZOS SOCIAIS E RECORTES


A voceira do BNG valorou que "levamos 8 anos perdidos e moito me temo que van ser 12". Por iso, preguntou que "se non hai crise, por que hai recortes?". E propuxo, así, o "rescate dos servizos públicos, do hospital de Vigo, eliminiar repagos en medicamentos e a aplicación da lei de dependencia".


Insistiu tamén notra das propostas da campaña do BNG, a dun pacto para que volva a mocidade emigrada, cun plan dun "mínimo do 1% dos orzamentos da Xunta" para ofrecer posibilidades en Galicia.


LINGUA E MACHISMO


Ana Pontón reprochou a Feijóo o caso dunha muller que non poderá ter fillos despois dun aborto que non lle quixeron practicar en Galicia e sobre o que o conselleiro anunciou que recorrerían a sentenza que condenou o Sergas a indemnizala.


"O compromiso non se mide en palabras, senón en feitos", lembrou a voceira do BNG.


O discurso non rematou sen referencias á lingua, ao redor da cal lle pediu a Feijóo que "abra unha nova etapa de respecto", que "retire todos os retrocesos" e "garanta que os nenos e nenas deste país dominen o galego". "Hai todo un océano onde traballar en positivo" neste eido, afirmou, para cuestionar se "sabe que só garantindo a atención telefónica en galego habería 2.000 postos de traballo máis?".


MAIORÍA ABSOLUTA


Como punto final á intervención, Ana Pontón afirmou que "ninguén lle discute a maioría absoluta" ao PP, pero advertiu de que "as súas maiorías non nos van impedir que sigams defendendo que Galiza é un pobo que ten dereito a moito máis".


RÉPLICA


Na réplica da tarde da voceira nacionalista, Ana Pontón advertiu a Feijóo que non ía entrar na descualificación e que "agarda que acepte que non hai galegos e galegas que pensan de xeito diferente a el".


Tamén fixo referencia a voceira ó tema da violencia, machista, do cal lle dixo a Feijóo que se quere "chamarlle polo nome", entón terían que falar de "feminicidio", e díxolle a Feijóo que amose o seu compromiso contra o machismo poñendo fin ás subvencións das escolas que segregan por sexos.


No tocante ao autogoberno, Pontón subliñou que "moito mellor nos iría se tivera ambición de país como teñen en Euskadi ou Catalunya", e non "obsesionándose" por manter o status quo polo que o señor Montoro decide que hai que recortar en Galicia, para a continuación advertirlle ao candidato que "para manter este modelo ruinoso non imos colaborar".


En relación á transferencia da autoestrada AP-9, Pontón instou ao goberno da Xunta a "rematar coa estafa", pois así é como se demostra que se é "militante de Galicia", como se definiu o candidato en numerosas ocasións.


Sobre a lingua, a voceira dixo "ter pouco tempo", e limitouse a instar a Feijóo a levantar a prohibición de impartir as matemáticas en galego "se tanto lle quere ao noso idioma".


relacionada A oposición lamenta o discurso continuista de Feijóo
relacionada Feijóo promete orzamentos expansivos e 100.000 empregos
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE