#Claves de la semana

Unha firma pesqueira galega reflota o seu negocio gracias ao 'sushi'

Isidro de Cal pevé que o seu negocio creza un 80% gracias á súa reestruturación e conversión na maior planta de procesado de 'sushi' de España. 


|

Sushicambreisidrodecal


O sushi como solución aos problemas económicos que afrontou unha empresa familiar do sector pesqueiro en plena crise. Así se expón o futuro para Isidro de Cal, que se fundou en 1952 na Coruña e que en 2013 atravesou serias dificultades por un elevado volume de débeda.


Isidro de Cal, tradicionalmente dedicada á comercialización de produtos a granel --ten cinco plantas de acuicultura: tres de troita, unha de rodaballo e outra de ollomol, xunto a unha unidade especializada en lagostino--, obtén a día de hoxe o 90% dos seus ingresos do valor engadido, segundo destaca o seu director de márketing, Miguel Cabado.


Así, os pratos envasados, os 'microondables' e as bandexas de comida xaponesa, entre outros produtos, deixaron nun segundo plano o que antes supoñía o 85% da súa facturación.


De feito, o grupo, en pleno proceso de reestruturación, escindiu unha empresa --que se denominará Isidro 1952, como a marca que a empresa xa utiliza desde xuño deste ano-- para encargarse da parte do negocio máis innovadora.


A constitución de Isidro 1952 está pendente de homologación, tras a súa presentación a semana pasada no xulgado, e os responsables da firma esperan que en decembro xa estea aprobada.


Precisamente foi este ano cando a compañía inaugurou a que se reivindica como a maior planta de procesado de sushi de España, en Cambre (A Coruña). Actualmente elabora 250.000 pezas semanais pero multiplicará por catro o seu nivel de produción en 2017, ante o elevado número de peticións, ata o millón de pezas á semana.


RENOVACIÓN DE AVAIS DO IGAPE


Con todo, o grupo aínda carrexa unha débeda de 70 millóns de euros, que aspira a ir saneando nos próximos exercicios conforme se materialice o proceso de reestruturación.


Actualmente, a facturación ascende a uns 50 millóns ao ano, e as estimacións que manexa a dirección pasan por subila un 80% no próximos tres anos, de maneira graduada.


Entre as súas operacións figuran 12,73 millóns de euros en dous avais pendentes de formalizar do instituto galego de crédito (Igape), os dous concedidos en xullo deste ano, por 9,1 e 3,62 millóns de euros.


Esta contía correspóndese co risco vivo que mantiña Isidro do Cal dos 3 millóns avalados polo Goberno galego en xullo de 2008 e dos 11,43 de marzo de 2009, polo que Economía e Industria asegura que os novos avais "non supoñen incrementar o risco asumido pola Xunta".


"No momento de formalizarse, cancelan de forma automática os avais concedidos en 2008 e 2009", destacan fontes da consellería consultadas por Europa Press.


Así as cousas, a compañía reivindica a súa "viabilidade" futura en base a un "cambio radical" que pivotó sobre o cambio de dirección (efectuado en 2013), que implicou a posta en marcha dun plan de negocio diferente, que aposta polo gran consumo e a presenza en grandes superficies.


O obxectivo de renovación no 'mix' do produto xa está "cumprido", segundo resalta o director de márketing, e agora está por ver como responde o mercado. Polo momento, o sushi xera boas expectativas.

relacionada ​O coñecemento constitúe o 90% do valor total das empresas
relacionada Gairesa, Premio a la Excelencia Empresarial Química de Galicia 2016
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE