#Claves de la semana

Ana Pontón di que as contas do 2017 serán "aínda menos expansivas" que as actuais

A voceira nacional do BNG prevé uns orzamentos "insuficientes" para financiar a axuda á dependencia ou políticas de emprego.


|

Ponton 5


A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, advertiu de que o teito de gasto anunciado polo Goberno para 2017 dará como resultado unhas contas públicas "aínda menos expansivas" que as aprobadas para o presente exercicio, cuxo incremento foi, subliñou, do 5,2 por cento fronte ao 2,1 previsto para o próximo ano.


"E iso a pesar da proclamada saída da crise por parte do Goberno galego", lamentou a tamén portavoz parlamentaria do Bloque, xusto antes de indicar que "en 2016 os orzamentos creceron en 437 millóns de euros, mentres que para 2017 anúnciase unha subida de 190 millóns de euros".


"Con este dato, como pode presumir o señor Feijóo de ter un orzamento expansivo?", preguntouse Pontón, para logo lamentar que o crecemento económico previsto para 2017 polo Executivo galego "cae ata o 2,4 por cento desde o 3,1 anunciado para este exercicio".


Pontón asegurou, segundo indicou o Bloque nun comunicado, que os datos difundidos pola Xunta fan preveer unhas contas públicas "insuficientes para recuperar os servizos públicos privatizados e para financiar políticas de benestar social como as derivadas da lei de dependencia, ou para contar con recursos suficientes para promover políticas activas de emprego".


En concreto, Pontón realizou ditas declaracións ao seu paso pola X edición da Semana gandeira de Mazaricos, onde aproveitou para explicar as propostas que o BNG defenderá na Cámara galega para o sector primario, como garantir un "prezo xusto" para os produtores cunha "intervención directa" da Administración no mercado co obxectivo de evitar o 'dumping' que "practican industrias e grandes superficies extorsionando aos produtores".


Así mesmo, o BNG propón apostar pola transformación dos produtos para "darlles valor engadido no mercado". De igual modo, defende reactivar a Mesa do Leite para sentar a todas as partes implicadas no proceso de produción, transformación e venda coa Administración como mediadora.


Tamén aposta por aumentar a superficie das explotacións recuperando o banco de terras e por "habilitar liñas de crédito a impostos cero" para aquelas explotacións que precisen investir na renovación ou mellora das súas instalacións.

relacionada ​A Xunta aproba un teito de gasto de 9.063 millóns para 2017
relacionada ​O BNG fai públicas as contas da campaña electoral, na que gastou 333.000 euros
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE