#Claves de la semana

​O BNG fai públicas as contas da campaña electoral, na que gastou 333.000 euros

Asegura que as cifras "mostran unha organización moi modesta en recursos" pero cunha "base militante e simpatizante comprometida". 


|

CampaaelectoralBNGanaponton


O BNG fixo público o seu informe económico correspondente coa campaña das pasadas eleccións autonómicas, nas que gastou un total de 333.471 euros, dos que 65.789 correspóndense con gastos efectuados polas diferentes comarcas no seu ámbito.


Diso informou este sábado a formación nacionalista nun comunicado, no que detalla que remitiu estas contas ao conxunto da militancia e tamén as puxo a disposición de calquera persoa interesada a través da súa web www.bng.gal.


"Para o BNG a transparencia non é unha obrigación, senón que forma parte do noso ADN" explica o Bloque, que considera "un orgullo" facer públicas unhas contas que "mostran unha organización moi modesta en recursos económicos, pero cunha base militante e simpatizante comprometida".


Por iso, agradeceu aos "miles de militantes e de simpatizantes" que fixeron posible "unha campaña moi modesta en recursos económicos" pero "tremendamente intensa en traballo voluntario e compromiso".


INGRESOS E GASTOS


O Bloque precisou que os seus ingresos procederon da cota extraordinaria conxunta entre militantes, doazóns, fondos propios, así como do anticipo electoral ao que a formación tiña dereito en función dos resultados das autonómicas de 2012.


Así mesmo, sinalou que lle "foi necesario", co fin de "abonar os gastos derivados da confección e distribución de correo masivo 'mailing', "subscribir unha póliza de crédito específica por un valor de 100.000 euros".


Segundo detallou, este gasto será "integramente cuberto cando sexa abonada a subvención electoral" á que a formación ten dereito en función dos resultados obtidos.


Pola súa banda, no apartado de gastos, a formación destinou os fondos para pagar o 'mailing', publicidade en medios, redes sociais e exteriores, imprenta, alugueres de espazos e furgonetas, material audiovisual así como á formalización da póliza de crédito e intereses durante un ano, entre outras cuestións.

relacionada O BNG inicia unha "ofensiva" para pedir o rescate da AP-9
relacionada Ana Pontón: "Sempre nos atoparán nos acordos que sirvan para defender Galiza"
relacionada Ana Pontón: "Somos o pobo de 'Nunca Máis', xente loitadora"
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE