#Claves de la semana

O BNG inicia unha "ofensiva" para pedir o rescate da AP-9

Presentará unha moción na que se insta ao Goberno central a retirar os obstáculos para tramitar a proposición de lei aprobada por unanimidade no Parlamento galego. 


|

BNGVigoAP9


O BNG inicia na área de Vigo a súa "ofensiva" para reclamar a transferencia da autoestrada AP-9 e a liberación das peaxes "abusivas", cunha campaña social e institucional nos municipios da comarca, que concluirá cun acto a nivel galego, cuxos detalles aínda non se deron a coñecer.


Nunha rolda de prensa, o responsable comarcal da formación nacionalista, Manuel Caride, explicou que a campaña contemplará a repartición de folletos, a colocación de pancartas e un acto informativo aberto o 22 de novembro na sede do BNG en Vigo.


O responsable de Acción Institucional da comarca, Xavier Rodríguez, sinalou que, nos municipios da comarca, o BNG presentará unha moción na que se insta ao Goberno central a retirar os obstáculos para tramitar a proposición de lei aprobada por unanimidade no Parlamento galego. Así mesmo, reclámase que os grupos políticos do Congreso que axilicen esa tramitación.


Por outra banda, os grupos municipais nacionalistas pedirán tamén que se rexeite o "rescate multimillonario" das autoestradas con fondos públicos. De feito, o deputado Luís Bará, cualificou de "excesiva" a estimación de 3.200 millóns de euros como custo do rescate da autoestrada.


Bará criticou que a AP-9 é un exemplo de "espolio de recursos", porque se trata dun viario "xa máis que amortizado", con "peaxes abusivas" e que supón un "agravio", porque o Goberno si empezou os trámites para rescatar as autoestradas radiais de Madrid.

relacionada "Frente común" por la AP-9
relacionada Ferroatlántica, a LOMCE e o traspaso da AP-9, asuntos do primeiro pleno da Lexislatura
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE