#Claves de la semana

Ferroatlántica, a LOMCE e o traspaso da AP-9, asuntos do primeiro pleno da Lexislatura

Outras iniciativas que se debaterán serán o "rescate" do Hospital Álvaro Cunquiero de Vigo a petición do PSdeG e de En Marea, e a situación do ERE do Banco Pastor a petición do BNG.


|

ManifestaciocontraLOMCEsantiago

Manifestación contra a Lomce en Santiago


O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, deberá responder á oposición sobre a situación de Ferroatlántica, as previsións do Goberno galego sobre a reválida de segundo de Bacharelato que prevé a Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE), así como polo traspaso da titularidade da AP-9.


Diso informaron este martes, en declaracións aos medios, os portavoces dos catro grupos con representación na Cámara galega, que aprobaron a orde do día do pleno que terá lugar a próxima semana, así como as datas dos que se celebrarán ata final de ano.


En concreto, o portavoz parlamentario de En Marea, Luís Villares, avanzou que o seu primeiro cara a cara co presidente versará sobre as accións que levará a cabo para "defender" os postos de traballo de Ferroatlántica en Cee. Sobre esta cuestión, todos os grupos rexistraron iniciativas para o pleno da próxima semana, incluído o PPdeG, cuxo portavoz, Pedro Puy, defendeu que "calquera solución" debe pasar por "o mantemento ou a mellora" do emprego na comarca.


Pola súa banda, o máximo representante do PSdeG na Cámara, Xoaquín Fernández Leiceaga, cuestionará a Feijóo sobre as previsións que ten a Xunta para "eliminar a preocupación" das familias sobre as reválidas de segundo de Bacharelato que inclúe a LOMCE, e coas que "aínda non se sabe que vai pasar".


O BNG aproveitará a súa pregunta para, segundo o seu portavoz, Ana Pontón, reclamar a Feijóo que se sitúe ante o "agravio" que sofren os galegos coas "abusivas peaxes" da AP-9. "Queremos saber se vai facer algo ante o desagravio que fai Rajoy a Galicia", salientou, pois o Goberno destinará "miles de millóns a rescatar as autoestradas madrileñas, que son unha ruína", mentres "di que non ten nin un só euro para rescatar aos galegos dunhas peaxes que son unha estafa".


COMPARECENCIA DE ROMÁN RODRÍGUEZ


Así mesmo, o portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, avanzou que a súa formación pedirá ao conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, que informe sobre o inicio do curso. Respecto diso, explicou que non puido facer a súa "tradicional" comparecencia debido a que o inicio das clases coincidiu co período de disolución da Cámara.


Ademais, o PPdeG tamén preguntará ao Executivo galego sobre o desenvolvemento do Plan de vivendas baleiras e defenderá unha proposición non de lei para que se modifiquen as máquinas dos autobuses da área metropolitana de Vigo, co obxectivo de que os seus veciños poidan beneficiarse dos descontos previstos no Plan de Transporte Metropolitano.


TEITO DE GASTO


Adicionalmente, o dirixente popular indicou que está prevista a incorporación do teito de gasto de Galicia para o seu debate na sesión da próxima semana, pero que podería alterarse en función do momento en que a Cámara reciba a documentación respecto diso. "O que me din desde o Goberno é que isto está pendente de que a Xunta teña os datos e a información necesaria para poder aprobalo no Consello e remitilo á Cámara", sinalou.


Outras iniciativas que se debaterán na que será a primeira sesión plenaria do Parlamento de Galicia na X Lexislatura serán o "rescate" do Hospital Álvaro Cunquiero de Vigo a petición do PSdeG e de En Marea, e a situación do ERE do Banco Pastor a petición do BNG.

relacionada ​Fomento veta debater no Congreso a tranferencia a Galicia da AP-9
relacionada ​Convocadas novas mobilizacións este mes contra a LOMCE e a reválidas
relacionada A Xunta non ten comunicación "formal" de ningún expediente en Ferroatlántica
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE