#Claves de la semana

Alerta laranxa na costa por temporal

Afecta ao litoral das provincias da Coruña e Pontevedra, e piden precaución pola posible caída de obxectos "desde balcóns e ventás".


|

Temporalolas


A Xunta decretou a 'alerta laranxa' para o litoral galego desde esta pasada madrugada debido ao temporal que azouta as zonas costeiras das provincias da Coruña e Pontevedra.


Segundo as previsións da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) espérase mar combinada de oeste ao noroeste de 5 a 6 metros e, ocasionalmente, oeste forza 8 nas ditas provincias.


Así, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior informou aos concellos das provincias afectadas, así como ás Deputacións, servizos provinciais, Protección Civil e clubs náuticos, entre outros.


Desde o CAE 112 Galicia lembran á poboación a importancia de seguir as medidas de prevención como "evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos" e tamén vixiar a posible caída de elementos "desde balcóns e xanelas".

relacionada Alerta amarela en todo o litoral galego
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE