#Claves de la semana

O novo ministro de Fomento outórgalle ao AVE un "papel fundamental"

De la Serna inicia contactos coa oposición e cos presidentes autonómicos para "lograr un pacto nacional de infraestruturas e transportes".


|

Delaserna


O ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, prevé iniciar este mesmo luns unha rolda de contactos con todos os partidos políticos para tratar de alcanzar un acordo sobre un plan nacional de infraestruturas, no que o AVE seguirá tendo un "papel fundamental".


A negociación coas formacións políticas sumaranse ás que pretende manter cos presidentes das distintas comunidades autónomas, que tamén empezou este luns. Polo momento, o calendario previsto da conexión da alta velocidade Madrid-Galicia mantén o 2018 como límite.


"Temos vontade de lograr un pacto nacional de infraestruturas e transportes, no que se inclúa un acordo sobre as principais actuacións a abordar e para iso, no día de hoxe empezarei unha rolda de contactos cos partidos políticos para ver como podemos abordar ese pacto nacional fundamental para dar estabilidade", indicou De la Serna en declaracións á Cope recollidas por Europa Press.


O novo titular de Fomento avanzou que o transporte ferroviario e o AVE seguirá tendo un "papel fundamental" no eventual pacto nacional.


"Trátase dun transporte fundamental porque xa está a ser competitivo con outros medios de transporte, e colócanos en posición de liderado mundial, como demostra o proxecto do AVE á Meca, co que España debe consolidar a súa posición ferroviaria", asegurou o ministro.

relacionada ​El AVE va ganando terreno al avión para desplazarse por España
relacionada ​Caballero recórdalle a Feijóo a conexión do AVE con Vigo
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE