#Claves de la semana

​Caballero recórdalle a Feijóo a conexión do AVE con Vigo

O alcalde reprocha que no discurso de investidura non fixese "nin unha soa meción a iso", e entende que despreza "a metade de Galicia".


|

Caballerofeijoo


O alcalde de Vigo, Abel Caballero, esixiu ao presidente da Xunta en funcións, Alberto Núñez Feijóo, que "rectifique as súas palabras no discurso" de investidura deste martes e diga explicitamente que "o gran obxectivo do AVE é que chegue a toda Galicia", incluído a Vigo directamente por Cerdedo.


En declaracións aos medios este mércores antes de participar na inauguración dunha nave no polígono de Balaídos --acto no que tamén estivo o mandatario autonómico--, o rexedor olívico remarcou que o tren de alta velocidade "ten que chegar necesariamente a Vigo, e onte (martes) non --houbo-- nin unha soa mención a iso" no discurso de Feijóo.


"O tren de alta velocidade non chega a Galicia, chega a unha parte de Galicia", xa que pasa por Ourense, Santiago e A Coruña pero non por Vigo, explicou, ante o que criticou o discurso de Feijóo: "Oh, que casualidade, esqueceulle falar do tren de alta velocidade a Vigo, e por tanto iso invalida un discurso enteiro de investidura".


Neste contexto, considerou que Feijóo coas súas palabras está "a desprezar a metade de Galicia", que cualificou como "a máis dinámica", e por iso esixiu "unha rectificación rápida; mellor hoxe que mañá".


ÚLTIMO TRAMO DA AP-9


Noutra orde de asuntos, o mandatario olívico remarcou novamente que é "imprescindible" que o Goberno central, a Xunta e a concesionaria tomen medidas "de forma inmediata" para poder converter en urbano o último tramo da autoestrada AP-9, o que vai desde a Avenida Buenos Aires ata Alfonso XIII, en pleno centro da cidade, como foi aprobado polo pleno municipal.


Segundo remarcou, con este acceso na actualidade hai 380 camións que transitan polo centro da cidade. "Isto vai acabar; non imos permitir que por inacción da Xunta, do Goberno de España e a concesionaria, Vigo teña que soportar esta situación", insistiu, antes de avisar de que tomará decisións se os distintos organismos non "se poñen ao choio".

relacionada ​Vigo reclama converter en urbano o último tramo da AP-9
relacionada ​A chegada do AVE a Galicia mantense no 2018 pese ao "parón"
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE